MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
REXISTRO DE GALIÑEIROS DA XUNTA
Falar deseguido con Juan Touriño na tarde do xoves non foi sinxelo. A tenda que rexenta, Agropecuaria Fervenza (Avenida de Santiago, 166, Ourense) é un continuo bulir de clientes. Na entrada do establecemento, entre frutais e verduras de tempada listas para plantar, tres persoas falan do tema do momento: o rexistro dos galiñeiros, e de todas as explotacións avícolas de autoconsumo. “Unha trapallada”, escoitase dicir a un deles.
Asegura Touriño que a venda de pitos “baixou entre un 30 e un 40 por cento con respecto ao mismo perído do ano pasado”.
Ricardo Dasilva, veciño de Coles, chega precisamente de rexistrar o seu galiñeiro, que se suma aos case 10.000 xa inscritos en toda a provincia de Ourense, ao redor de 43.000 en toda Galicia. “É inmediato, chegas alí, das os teus datos e as coordenadas do galiñeiro e xa che dan o número”, explícanos Ricardo mentres nos ensina o seu número, destacado en cor amarelo, que o identifica no REGA (Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras)
Agora terá que ensinar este número cada vez que queira mercar pitos, ou pavos ou palomas, entre outras moitas aves das que ten que quedar constancia a través do rexistro dos poleiros onde habiten.
Dasilva, garda civil xubilado con seis galiñas e un galo no seu galiñeiro, xa ten controlado o procedemento que entrou en vigor o 1 de xaneiro pasado. “Teño que vir onda o Juan e el ten que cubrir no seu caderno o número de pitos que me vende e o meu número. Se marcho coas pitas sen que quede aí o rexistro, a Garda Civil empaquétanos a min e ao Juan!”, comenta.
Confírmanos este proceder Juan Touriño. “Nada máis entrarme as galiñas teño que anotar o número exacto neste libro e, segundo as vou vendendo, anoto o número do REGA do cliente, máis a data e a dirección para onde vai. É como unha guía”.
Aínda que despois de tres meses moitos xa teñen a nova norma interiorizada, aínda hai algún “despistado, ou que o fai. Ao final, o que máis ou o que menos, xa sabe que agora hai que rexistrar os galiñeiros”.
Entre a poboación máis maior si que hai, non tanto persoas que finxan non coñecer esta nova obriga, se non que precisan axuda para facelo, e nestes caso, Juan Touriño sempre lles bota unha man. “Cubrimos aqui os papeles e despois acercóllos a Medio Rural e alí, en dous minutos, xa o teñen feito”, explica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas