EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
ESTUDO
En España e tamén en Galicia unha persoa de cada 1000 padece Lupus Eritematoso Sistémico, LES, unha enfermidade crónica sen cura na que o sistema inmunitario do paciente ataca a órganos e tecidos ocasionando diferentes danos. A colaboración entre o Grupo de Trabajo de Enfermedades reumáticas autoinmunes sistémicas de la Sociedad Española de Reumatología y el grupo de investigación SIDOR, Statistical Inference, Decision and Operations Research, ligado ao Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo permitiu identificar tres grupos ou clústers de pacientes con LES con patróns de dano similar e avaliar a súa asociación coa mortalidade.
A análise estatística de 3656 dos máis de 4000 casos que inclúe o rexistro RELESSER da Sociedad Española de Reumatología atopou concretamente tres grupos de pacientes cun patrón de dano similar: un primeiro clúster (80.6% dos casos) con pouco dano, un segundo clúster (11.4%) caracterizado por ter dano articular e non cardiovascular e un terceiro clúster (8.0%) caracterizado por ter dano cardiovascular.
"O máis importante do noso achado foi a asociación de cada un dos clústers con distintas taxas de mortalidade.
Permanecer libre de dano supoñía unha maior supervivencia dos pacientes, mentres que acumular maior dano, sobre todo a nivel cardiovascular, supuña un maior risco de mortalidade", explica o reumatólogo do Hospital Meixoeiro de Vigo José María Pego Reigosa, que xunto ao tamén reumatólogo do Hospital Doctor Negrín de Gran Canaria Iñigo Rúa-Figueroa, e os investigadores do grupo SIDOR Jacobo de Uña Álvarez e Vanesa Balboa Barreiro desenvolveron este estudo."A mortalidade no terceiro clúster (dano cardiovascular) duplicou á do clúster dous (dano articular) e esta a súa vez, case triplicou á do clúster con pouco dano, obténdose diferenzas estatisticamente significativas na mortalidade", detalla Jacobo de Uña, investigador principal do grupo SIDOR, creado no ano 1998 e integrado na actualidade por unha trintena de investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo.
Os resultados deste estudo xa foron presentados no congreso anual da European League Against Rheumatism e trala publicación dun resumo na revista Annals of The Rheumatic Diseases, a de maior impacto no seu ámbito, o estudo completo vén de ser aceptado para a súa publicación en Rheumatology, a revista da Sociedade Británica de Reumatoloxía. Ademais este mes de novembro as conclusións tamén foron levadas ao congreso da Sociedade Americana de Reumatoloxía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último