EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Mobile Week Ourense
Por que a Mobile Week elixe Ourense?
Levamos tempo organizando en Ourense a ICC Week e agora nos xunguimos a un dos xigantes da tecnoloxía como é Mobile World Congress Barcelona e a súa Fundación. Somos unha provincia creativa, que ten claro que vincular a vangarda co que representamos é unha mestura perfecta para ter visibilidade. É si, está en Ourense pero estará tamén no 2022 e no 2023. Esto indica que todo o que se vai ver, non solo na cidade senon na provincia, os ponentes, as cuestións das que se van falar encaixan perfectamente coa filosofía de Ourense.
Na inauguración falouse de que a quinta revolución está aí pero que antes debería chegar a todo o mundo a cuarta.
Si e pódese facer perfectamente desde Ourense. Tamén se falaba da industrialización e de España e puiden apuntar que un dos elementos ou proxectos que contribuiu a industrializar Madrid nos anos 50-60 foi alguien de Ourense coma Eduardo Barreiros que na súa factoría con máis de 40.000 empregos demostrou como se pode ser un xigante da automoción internacional. Entón, non temos límites, esa é a mensaxe. Esto é unha proba de que sabemos facer. Para min eso é moi importante porque non está porque si, está porque se saben trasladar estas cuestións, levamos tempo traballando, aquí temos o Parque Tecnolóxico de Galicia que é o polo máis importantes de I+D+i tamén do noroeste da península, temos o edificio Provincia Intelixente que puxemos en marcha con Abanca e que alberga a maior concentración de empleo tecnolóxico do territorio, en semanas abrirá o Centro Galego de Innovación da FP, tamén impulsado pola Deputación… Ourense é unha terra de emprendemento, creatividade e por iso a Mobile Week aterriza aquí.
Innovar, transformar e transferir?
Si, claro. Non vale de nada poñer en marcha iniciativas coma esta se a xente non as recibe. Aquí si sabemos aproveitar as oportunidades. Esto é unha sacudida dixital no territorio, un territorio que tamén no ano 2022 vai ver plenamente executado o Plan de Destino turístico intelixente que solo catro provincias de España o van desenvolver en colaboración con Red.es para facer un turismo á carta, ese turismo que ven de experimentar, e son datos obxectivos, os catro mellores meses da historia, singularmente o mellor agosto, non solo en número de visitas senón en pernoctacións e esa mensaxe en positivo é co que eu me quedo e polo que traballo todos os días. E non falemos xa de que dentro de días chegará a Alta Velocidade e estaremos a pouco máis de dúas horas de Madrid. Seremos un aeroporto terrestre con infinitas capacidades de conexión. E como se trata de conectividade e se trata de dixitalización estamos a falar estos días por todo o territorio, mesmo en Valdeorras ou Castrelo de Miño destas cuestións. Son interesantes e os que van vir aquí a falar pois tamén se van dar conta do magnífica provincia que é esta, non solo as nosas cuestións termais que son a potencia realmente nosa senón de todo aquelo que van descubrir, gastronomía, paisaxe, medioambiente, historia, patrimonio, cultura, enografía etc. Creo que é un gran momento para Ourense.
A provincia está preparada para esa chegada da Alta Velocidade?
Eu creo que o traballo e a obriga das administracións é esa, non buscar excusas senón xerar oportunidades, xunguir todas as pezas que temos e ofrecer un pack atractivo. Estou seguro de que así vai ser. Díxeno no debate do estado da provincia citando a Curros Enríquez coa chegada da primeira locomotora, que son tempos de despertar, tempos de florecer, en definitiva un gran momento neste ano 2021, despois dun momento moi dramático que foi a pandemia. Pero a pesar deso, con números e non son solo datos senon que obxetivamente é a realidade, con maior número de ocupados ca nunca, coa menor taxa de desemprego e creo que puxar por un sector como este, como a tecnoloxía e a innovación e facelo chegar a todos, que ninguén se quede atrás, é a mensaxe. A Deputación ten a obriga de poñer a disposición este tipo de recursos da man dos máis grandes, porque esto non é unha xornada calquera, ven avaliada pola Fundación Mobile World Congress Barcelona que é a capital mundial da tecnoloxía. Creo que son motivos màis que suficientes para crer na provincia. E daremos máis no futuro.
Esta Mobile Week está relacionada cos fondos Next Generation.
Pero non esquezamos os fondos habituais que teñen contribuído tamén e que nós esteamos implementando con diversos plans de emprendemento. Levamos dous anos dicindo que vai vir un maná e o que hai que facer, e esta Mobile Week servirá para elo, é dicirlle á xente que Europa no solo é Bruxelas e que aquí temos que ser partícipes das decisións comunitarias e temos que desconcentrar, temos que descentralizar e poñer en marcha proxectos con visión integral de provincia e para eso están as deputacións.
Nunha provincia cunha idade media tan elevada, resulta un dobre reto asumir esa dixitalización?
É unha grande oportunidade tamén. Eu sempre lle dou a volta, para min é un factor importante positivo. Aquí se trata de vivir, se hoxe naces en calquera punto do planeta e queres vivir moito tempo tes que facelo en Okinawa ou en Ourense. Tivemos a fortuna de nacer aquí, se a xente vive tanto e en tan boas condicións e por esa situación que se dice “a ruralidade”, que a ruralidade é Ourense pero Galicia é rural, España é rural, Europa é rural e o que temos que facer é xerar condicións para que non haxa desigualdade. A conectividade, a dixitalización van nesa liña. Temos que facer un esforzo quizais máis grande pero tamén neso imos ser espello e imos ser pioneiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último