EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
ENTREVISTA
Que nos adianta do estudo?
É a parte teórica dun programa que fala do procesamento de información das persoas con autismo. Partimos dunhas hipóteses que falan de que as persoas con autismo teñen tendencia a percibir os estímulos de forma fragmentada, que isto é o que produce déficit na comprensión do mundo que lles rodea. No libro faise unha construcción empírica dunha teoría basada na interconexión das redes de información que actúan de forma fragmentada, coa finalidade de aprender nexos entre distintos contidos para avanzar no coñecemento.
Como será na práctica?
Un exemplo de aplicación sería recordar un teléfono: daríaselle un número significado para o neno, como a súa data de nacemento. Se chegara a olvidarse, accedería ao contido a través desa data. Eso é o que eles non fan de forma automática e é necesario producilo durante o propio proceso de aprendizaxe. É máis lento e máis estruturado, pero é a única forma de avanzar.
En que avanza a investigación?
O programa someteuse a distintas investigacións empíricas, con grupo de control e experimental con nenos con autismo. No libro exponse a proba final, unha comparativa que mostra que as diferencias entre os dous grupos son evidentes. Todos os nenos melloraban, pero os do grupo experimental moito máis na creación de categorías semánticas. Durante o proceso foron cambiándose algunhas actividades que estaban previamente. Houbo modificacións, como ocorre sempre nestes traballos.
Un proceso longo.
Tres anos. A primeira parte é este libro teórico da colección de psicoloxía onde se presenta a construcción do modelo de intervención.
Máis complicado que outros?
Foi un proceso gradual. Outros programas que teño escrito e aplicado basábanse nas teorías neobiolóxicas constatadas. O avance desta investigación é a creación do nexo de unión que permite aos nenos establecer as relacións que antes lle eran moito máis complicadas. O programa é longo, máis de 300 ou 400 páxinas de actividades que cubren unha necesidade. Hai algúns nenos con autismo cos que se traballou que parecía que estaban estancados e o programa permitiu un despegue.
Cales son esas cifras de mellora?
No grupo experimental hai tres nenos que despegaron de forma moi importante con este programa. Pero esta primeira publicación é puramente teórica.
Derríbanse barreiras do coñecemento. Tamén teorías?
Hai estudos que desde a perspectiva de hoxe poderían aportar elementos concretos que nos digan como son as persoas con TEA, pero non podemos persistir en teorías daquel tempo nin nas que parecen a panacea. Nós traballamos con metodoloxía didáctica e hai avances que enriquecen o coñecemento, como poden mellorar o seu proceso educativo e como establecer apoio para que a educación sexa o máis axeitada.
Educación inclusiva.
Non se relaciona exactamente con eso, pero os estimulos aprendidos teñen continuidade na funcionalidade da vida diaria. O modelo de mediación social é no que fai fincapé o libro. Máis que incidir no propio neno directamente, faise en todos os factores que interveñen na vida do neno, como familias ou profesores. Produce unha aprendizaxe nun ambiente de inclusividade.
Como son estes modelos hoxe?
No modelo participan familias, profesores e clínicas de rehabilitación, do ámbito privado e público. O problema está en que todos estos servizos actuamos de forma interdependiente, sin saber uns dos outros. Faltaría esa conexión proposta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)