PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
AXENDA CULTURAL
"A miña vida é o mundo das máscaras, un entorno máxico e paralelo". Así de concisa se mostra Mercedes Vázquez Saavedra (Sarria, 1949), a autora da colección fotográfica "Viaxe polo mundo da máscara", que se exhibe no Museo da Limia ata o vindeiro 25 de novembro.
A paixón da artista lucense polas caretas remóntase á súa infancia: "Na casa dos meus bisavós había varias máscaras e recordo que sempre foi algo que chamaba a miña atención". Mercedes Vázquez decidiu levar máis aló a súa afección, constituíndo unha colección de máis de 160 imaxes protagonizadas polas caretas. "A mostra recolle máscaras típicas tanto de Galicia como de Portugal, cuxa orixe nos remonta a antigos rituais pagáns".
Unhas instantáneas que naceron como traballo de campo e que nun primeiro momento non foron concebidas para exhibirse: "Reflicte con tanta exactitude a realidade dos nosos entroidos e de outras festividades nas que as máscaras son o elemento protagonista". Vázquez, que leva fotografiando entroidos dende os anos 90, expuxo por primeira vez este 2018 o percorrido das súas máscaras en Bandeira (Pontevedra), cunha colección de 120 fotografías.
"Dende entonces a serie foise incrementando ata as 162 imaxes actuais porque sempre descubro algunha carauta nova e, cada unha, diferente da anterior", indica a artista lucense. Durante tantos anos de traballo, Vázquez tivo a oportunidade de participar no proceso de elaboración da máscara, observando de preto o traballo de artesáns tan importantes como os de Laza ou de Lamego. Neste sentido, afirma a fotógrafa que "A Limia é unha comarca donde a máscara goza dunha alta importancia, polo que para min é todo un privilexio poder expor a miña obra aquí", sinala Vázquez.
O peculiar viaxe das máscaras de Mercedes Vázquez non remata, pois o próximo 2019 continuará percorrendo as vilas galegas e portuguesas. Ademais,n
Lugar: Museo Etnográfico da Limia
Hora: 16,00 A 18,30 horas (S-D)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Dos heridos tras una colisión en la AG-41 a su paso por Sanxenxo
CAYÓ POR UN BARRANCO
Detienen a Jonathan Andic, acusado de la muerte de su padre, el fundador de Mango