La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Nadal Seco
CARTAS AL DIRECTOR
Este pasado verán, a enorme sequía que vivíamos na Galicia, propiciou o uso de medidas de control no consumo da auga, especialmente afectando á provincia de Pontevedra debido ó aumento tan exponencial da súa poboación. Limitouse pois o seu uso nas praias e en fins ornamentais.
Case ó mesmo tempo, sucédense varias protestas ecoloxistas pola represa que se fai no río Umia, secando parte deste, para obter auga suficiente para o rego do Club de Golf da Toxa. Ó aminora-lo caudal do río e desnaturaliza-lo seu traxecto, dificulta a vida nel, e afecta á producción da súa ría.
O 30 de Xullo, o alcalde de Vigo berrou ós catro ventos que comezaba coa instalación das luces de Nadal ¡Esas que fan empequenecer á mismísima Nova York!
Lin hai uns días que a Xunta concedeu a solicitude do Concello de Vigo de reduci-lo caudal mínimo dos ríos para garanti-los níveis dos encoros principáis da cidade. Esto significa que se poderán secar treitos de ríos matando a flora e a fauna que alí viva para poder seguir enchendo o embalse.
O 14 de novembro Vigo acendeu as luces de Nadal. Comezaremos entón as ver hotéis e aloxamentos completos e a turistas paseando por alí durante todo o día.
Xunta, Vigo... Tanto ten as cores mentres sigamos a estar nun cóctel que só mira para o seu propio beneficio. Cando o mundo arda e non quede nada que beber, miraremos sorrindo as luces de Abel Caballero mentres nos consumimos na miseria.
Jacobo Souto Bóveda
(Vigo)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Nadal Seco
La Región
CARTA AL DIRECTOR
¿A dónde irán?
La Región
CARTA AL DIRECTOR
Carta de la ciudadanía a Pedro Sánchez
La Región
Una reflexión de clases
Lo último
Acisclo Novo
Colores, quiero colores
USO TECNOLÓGICO
El 68% de los menores de 10 a 15 años tiene teléfono móvil
ESQUIVAR BLOQUEOS
El robo de datos online, la principal amenaza para pymes y usuarios
INCIDENTE AÉREO
Trump culpa a Biden del caos aéreo y reclama más fondos