EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
OURENCANTO
O Pazo Provincial acolleu hoxe a presentación de Ourencanto, a primeira edición do Encontro de coros infantís, xuvenís e escolares, que co-financia a Deputación de Ourense e que terá lugar os días 4 e 5 de febreiro no Auditorio Municipal da capital ourensá. No acto de presentación participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias, e o produtor e a organizadora do evento, Carlos Núñez Deza e Cristina Rodríguez.
"Para a Deputación de Ourense é un orgullo colaborar nesta iniciativa porque o canto é un elemento significativo dun pobo", dixo Rosendo Fernández, quen destacou o papel da cooperación entre administracións "para facer entre todos Ourensanía real".
Esta iniciativa pretende achegar o mundo coral a todos os mozos ourensáns de idades comprendidas entre os 8 e 18 anos que queiran participar. Trátase dunhas xornadas de convivencia que rematarán cun gran concerto a cargo de todos os participantes no Auditorio Municipal de Ourense, baixo a dirección artística do director e compositor Josu Elberdin.
"Unha vez inscritos enviaráselles as partituras que se van a traballar no Encontro aos responsables de cada Centro Escolar para que os nenos veñan coas cancións aprendidas, as cales se traballarán durante estas dúas xornadas. O evento clausurarase o día 5, cun concerto no Auditorio aberto ao público onde se mostrará o traballo feito durante eses dous días", explicou Cristina Rodríguez. O límite de prazas é de 350.
Neste concerto de clausura, ademais de participar os coros de nenos da provincia de Ourense, co fin de que estes encontros teñan repercusión fóra da provincia, haberá cada ano un coro invitado, nesta primeira edición será o coro da Xunqueira de Pontevedra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman