ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
ESPECTÁCULO
A poeta e tamén orientadora Mercedes Martínez acudiu onte ao espazo Andén 1º de Ourense para dar vida a “Poemática”, un espectáculo que busca revitalizar a poesía e amosar o ritmo desta.
A artista -nada na Coruña- mudouse á zona da Ribeira Sacra movida pola contorna natural e a lingua propia que non logrou atopar en ningunha cidade. Agora, cos seus fillos xa plenamente ourensáns, leva ela as súas inquedanzas en forma de poesía a diferentes espazos culturais que lle abren as portas co seu novo espectáculo. Unha posta en escena na que afonda no ritmo dos textos dunha forma que os libros non lle permiten transmitir.
“A poesía compartida soa mellor” e comparte precisamente Mercedes as súas letras coa intención de chamar a atención de todos aqueles que non están acostumados a ler poesía e que senten que non entra no seu hábito. Considérase a poeta parte dunha xeración “moi viva”, con micros abertos que hai 15 anos non existían: “No futuro estudarase por que neste tempo sae tanta poesía, porque é incrible”.
O tratamento de temas profundos desde unha perspectiva máis alegre, o baile cos versos de fondo e a procura constante de ritmo foron as bases dun recital de poesía que deixou o seu espazo para o caldo de balde que degustaron de bo agrado os asistentes que se achegaron a vela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último