“Mergúllate en Silbina” remata a promoción comarcal
"Mergúllate en Silbina" celebra unha degustación no Museo do Viño de Teixeira co apoio do grupo de Desenvolvemento Rual
O proxecto que botaba andar baixo a man do Grupo de Desenvolvemento Rual (GDR) Sil Bibei Navea, chegou a seu fin esta fin de semana. “Mergúllate en Silbina” celebrouse esta fin de semana no concello da Teixeira, cun aforo completo, ao igual que desde o seu primeiro roteiro no mes de agosto, desde o cal, levan percorrendo os concellos deste GDR cada fin de semana guiados por Surbia Natura.
Trala recepción pola concelleira de cultura, daba comezo un roteiro de 12 kilómetros e de dificultade media, que mostrou á trintena de asistentes os paraxes máis fermosos deste concello da Ribeira Sacra e o obradoiro de mermeladas Sazón e varias adegas do municipio, ademáis de interpretar o viñedo e a biodiversidade da contorna.
A degustación levouse a cabo no Museo do Viño da localidade da Teixeira, e nela non faltaron viños do concello como Sollío e Século, ademáis doutros da Ribeira Sacra como Peza do Rei, Adega Vella, Sabaínzas ou Alba Ponce. Os participantes degustaron embutidos e carnes da Carnicería Pepe de Caldelas, que merca a produtores da zona, así como queixos de cabra Touza Vella, mel da zona ou setas shiitakes producidas en Trives. E para terminar, Bicas Malena, con noces e castañas. Xa pola tarde, os visitantes coñeceron as adegas Sollío e Xosé Vázquez, gozando dunha boa cata de viños.
Desde a organización destacaron a excepcional colaboración do Concello de A Teixeira na xornada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O bo goberno
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
No contaminemos nuestra tierra
AMENAZAS DE LA IA
Anthropic propone medir el ritmo de desarrollo de la IA