EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O conselleiro de Facenda e Administración pública, Miguel Corgos, analizou onte no estudio de Telemiño os novos orzamentos da Xunta e os retos tecnolóxicos que ten a comunidade.
A Xunta presenta o orzamento máis alto da súa historia, como vai repercutir nas familias dos ourensáns?
Repercute nas familias dos ourensáns e nas de todos os galegos. A chegada de 13.257 millóns de euros é a contía máis alta na historia da comunidade. Vanse traducir nuns servizos públicos de máis calidade para os galegos e as galegos, cun reforzo especial en Sanidade, tanto na prestación dos servizos como das infraestruturas, e nas infraestruturas de rede e mobilidade en Ourense. Tamén inflúen na economía do país, tentamos que xurdan novas oportunidades de negocio e, polo tanto, novos empregos para a xente.
Son uns orzamentos sociais?
Si son uns orzamentos sociais porque achegamos a contía máis alta da comunidade a gastos sociais. Dos 13.257 millóns, adícanse 9.774 a gastos sociais, unha cifra moi importante que representa 1.234 millóns máis que hai tres anos. É un esforzo moi importante en gasto social, sendo a primeira vez que o orzamento de Sanidade supera os 5.000 millóns de euros, pero tamén hai un esforzo moi importante en Educación, que case acada 3.000 millóns, e en Política Social, onde superamos os 1.200 millóns. O esforzo en Política Social é especialmente importante en concordancia coas respostas que temos que dar as administracións a situación actual da nosa sociedade.
Hai certa discriminación positiva para as provincias de interior, Lugo e Ourense, pola cantidade que reciben per cápita?
Cando deseñamos os investimentos, independentemente de que cada conselleiro é o que sabe onde hai carencias e onde non, tentamos manter ese equilibrio que se traduce nun investimento per cápita moito máis alto nas provincias do interior. O gasto per cápita en Ourense e Lugo supera os 5.400 euros por habitante, mentres nas provincias de A Coruña e Pontevedra supera lixeiramente os 4.000 euros por habitante.
Nas partidas, hai unha que vai destinada a un proxecto que está enmarcado no Centro de Ciberseguridade de Galicia, que vai supoñer ese centro?
É un proxecto que me tocou recoller dende que se ideou ata que mercamos os terreos e deseñamos o proxecto. Estamos a piques de adxudicar as obras, co cal estarán para empezar a comezos de ano. O que tenta é converter a Ourense nun actor destacado, como terceira cidade de Galicia que é, nas políticas de dixitalización da comunidade. A partir de aí, o que tentamos é impulsar non só as políticas de seguridade, que son básicas hoxe en día, tamén desenvolver un polo de innovación aquí, en San Cibrao, que faga que se desenvolvan unha serie de capacidades e oportunidades de emprego arredor deste centro e que sexa un factor de retención de talento vencellado as tecnoloxías de información.
Con relación a intelixencia artificial, a Xunta pretende converter a comunidade en pioneira nese ámbito cunha lei.
A lei presentámola no pasado Consello de Goberno e está en fase de información pública, calquera interesado na materia pode mandar achegas. Tentamos facer ese desenvolvemento ético da intelixencia artificial (IA), que é unha nova tecnoloxía que está aquí e chegou para implantarse. Nos vindeiros anos será empregada masivamente, pero é preciso poñerlle portas o campo e regular en que termos éticos é útil para a sociedade.
Entendo que esa normativa non só vai limitar, senón tamén fomentar o uso da IA na medida do posible. As empresas galegas están preparadas?
O fin principal non é limitar, é establecer uns mínimos e protexer aos usuarios. En especial, nunha comunidade como a nosa, que ten moita xente maior e debe estar protexida no seu acceso ás tecnoloxías da información que empregan a IA. Tamén unha pata da lei é a promoción da tecnoloxía artificial, porque vai redundar nunha forma de traballar en todos os eidos e, polo tanto, tentaremos que as empresas galegas sexan usuarias privilexiadas desa IA. Estamos estudando se establecer unha medida de fomento, vía fiscal, para o seu emprego.
Ourense é a única cidade galega que non ten aula Cemit porque o alcalde decidiu pechala.
Temos 94 aulas Cemit, é un dos eixos de actuación dos que estamos máis satisfeitos cos seus resultados, que é o tema da inclusión dixital e da adquisición destes tipos de coñecementos. Os cativos xa os adquiren dende o colexio, pero os que somos máis maiores ás veces si que necesitamos adquirir eses coñecementos ou mesmo actualizalos. Xa non digo os nosos pais, que poden ser usuarios privilexiados destas tecnoloxías da información, xa que hoxe en día cun teléfono móbil podes chegar a moitos servizos. Cunha poboación tan espallada como a galega, aos maiores pode facilitarlles moito a vida, pero para iso temos que saber empregar con seguridade eses útiles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense