Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Nostalgia Charrúa
DENDE SEIXO-ALBO
Nada me sorprende do que acontece nesta cidade. O que din cara os cidadáns os que hoxe mandan sempre é o mesmo: todo por este noso Ourense e todo polos veciños. Igualmente acontece cando se publica no BOE ou no BOP calquera medida que o goberno quita á luz, pois no preámbulo sempre se xustifica que todo se fai polo ben dos cidadáns ou da provincia en concreto á que vai dirixido o que se aproba. Esta é unha cantinela, unha milonga que se repite moitas veces e que nalgunhas resulta un feito positivo e noutras un fiasco, cando non un engano ou unha mentira piadosa.
O desta cidade é moi curioso, pois nela goberna un partido político que se di ourensán e non é nada máis ca unha empresa privada revestida co nome de partido. Un negociete entre colegas onde o máis habilidoso é o pillo que aproveita a situación para facer caixa e os demais son colaboradores que se prestan por un posto de traballo a cambio de pagar cuotas mensuais ó suposto partido co nome de doazóns voluntarias e que pode que ate non coticen á facenda pública. Vamos, que nesta cidade temos unha peculiaridade única que fai rir ó resto de Galicia e parte do Estado. Unha peculiaridade que nos avergoña pero que non nos inmuta, porque o que digo sábese e escoitase na rúa.
Dado que un partido político provinciano que non ten principios, nin asembleas, nin se xunta cos seus supostos afiliados para debater ou saber as súas contas, e que tampouco ten claros os obxectivos que persegue, é o que goberna esta cidade, con eso xa queda todo dito. Máis que un partido serio é un chiringuito manexado por un señor que ten un canal de televisión cun único empregado que, ate pouco, non sei agora, era liberado e lle pagaba unha institución pública. Toda unha obra de arte para facer negocio a conta dos cartos das institucións e das dádivas impostas ós que están a soldo como liberados ou por el colocados. Persoas que son cesadas cando xa poden cobrar o paro e axiña veñen outras a cubrir a baixa. E así funciona o asunto.
Pois ben, esta é unha anomalía que está a piques de facerse crónica como se fose unha enfermidade que non ten cura, e que paso a paso leva ate a morte a institución municipal da terceira cidade galega. E mentres, coa aquiescencia e baixo o nome de que todo se fai por esta cidade, os populares, que foron os que o auparon ó poder, por mor de asegurar a Deputación, danlle apoio, de cando en vez, para que non afogue e apróbanlle o que este atrevido alcalde propón. De non ser que se produza un milagre xudicial, cousa que non é segura, dentro dun ano o PP precisará de novo á Jácome para seguir na cadeira de mando do Pazo Provincial. E como o que importa é o poder, Ourense seguirá a esmorecer. Esta situación deixa claro que os grandes problemas destas cidade terán que seguir a esperar, pois a cidadanía cala e os demais compoñentes do Concello nin son capaces de reclamar os haberes que cobrou sen ter a compatibilidade o tal Gundisalvo Ferreira.
Por iso lanzo estas preguntas: cara onde vai esta cidade cun goberno e un alcalde como o actual?, cara onde vai a institución municipal que, segundo fontes internas, camiña dentro do máis grande desorden e desconcerto? En fin, son dos que pensa que xa nos estamos afacendo a esta anormalidade democrática, e iso pagarémolo caro cando se descubra o pastel e cando se saiban as contas desta institución. E se non, ó tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Nostalgia Charrúa
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
La globalización económica no ha muerto
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
El descontrol de P.S.
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Urnas transparentes
Lo último
IMPACTO CONTRA LA MEDIANA
Choca contra otro coche, deja varios heridos y se da a la fuga en Arrabaldo, Ourense
ESCONDIDA EN EL MALETERO
Vídeo | Guardia Civil localiza en Kosovo a una niña de seis años sustraída en Mallorca por su padre