“A miña lingua é o galego, aínda que ‘chapurreo’ en castelán”
Os maiores da Residencia de Nuestra Señora de la Salud da Peroxa, da Fundación San Rosendo, homenaxean a Francisco Fernández del Riego polo Día das Letras Galegas
No vestíbulo do edificio, varios voluntarios esperan inquedos o seu turno de ler un anaco da historia do día 17 de maio. Marina Nóvoa é a primeira en saír ao estrado: un mural de cartulina vermella coa foto de Francisco Fernández del Riego, bandeiras galegas, e outros recortes. “O día celébrase en honor á primeira publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro”, explica Marina, seguindo a folla de esquerda a dereita. Vanesa Villar, a súa educadora social, preséntaa: “Marina sempre nos trae todas as novas”, como o seu nome indica. A usuaria asinte: “Leo o xornal tódolos días, encántame, hai que coñecer as noticias” e asegura non perderse unha ós seus 86 anos.
Ós demais integrantes da residencia de maiores da Peroxa, o galego élles natural. “O 99% deles é galegofalante”, di a educadora, “a non ser dalgún que estivo moito tempo fóra, ou non é de aquí”. Jorge Vázquez, natural de Monforte, próbao así: “Eu son galegofalante, é importante falalo, pero fágoo mesturado, ‘chapurreo’ en castelán, que dicimos aquí”. Un minuto antes, Jorge expuña a fundación da Real Acadamia Galega (RAG), concluíndo: “En 1963, celebrábase por vez primeira o día das nosas letras”. Para el a lectura non é o que máis o entretén: “A mín gústame a horta. Plantamos de todo e despois comémolo”.
Olga Rey González remata o acto cun anaco da vida de Francisco Fernández del Riego: “Foi galeguista, e aínda que non deixou Galicia, comunicábase cos outros ilustres no exilio”. O curioso é que Olga desenvolveu unha tarefa parecida na Peroxa: “Quedei de encargada da farmacia 30 anos, porque os donos marcharon para Venezuela”. En vez de letras, mandábanse xiros.
María Uvani míraos atenta, non entende moito e escoita aínda menos: “Soy de Barcelona, pero me casé con un gallego, en Irún”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Roberto González
NARCOTRÁFICO EN GALICIA
La droga, detrás de demasiadas cosas
Eduardo Medrano
Televisiones privadas
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DE DESAFÍO
Desoír a los prudentes