PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
Ocio
O covid modificou o calendario, pero a vida continúa. A pesar da anulación de importantes festas como a da Istoria de Ribadavia, a do Boi de Allariz ou a do Esquecemento de Limia, moitas festividades seguen en pé tras tomar precaucións. Coma mostra, para a Festa do Pemento de Arnoia desta fin de semana. Deben comprarse os tickets con antelación, para que os establecementos non superen os límites de aforo.
Pola súa banda, desde o Concello de Allariz aseguran que durante a festa da empanada "todos os espectáculos serán controlados, en espacios abertos e cun aforo limitado para asegurar a distancia social".
Tamén continúa presente un ano máis a Festa do Pulpo de O Carballiño, aínda que sexa sen actos oficiais nin concentracións. Pero non falta o polbo cocido en caldeiras de cobre, e condimentado con sal, aceite de oliva e pementa.
En Entrimo o vindeiro fin de semana celebraranse os IV Encontros Arraianos de Cinema Rural, dirixidos por Aser Álvarez, onde serán, ademáis dun recoñecemento a figura de Carballo Calhero, premiados Manuela Ribeiro e a Asociación Amigos do Couto Mixto "como grandes figuras deste mundo arraiano entre Galicia e Portugal". O director das Xornadas de Entrimo as define como "unha feira contemporánea onde se desdebuxan as fronteiras entre os pobos e también as das artes ".
Levan anos traballando pola dinamización do rural: "Debemos pensar no futuro. A outra opción é que en dúas décadas moitas aldeas sexan desertos humanos".
"Hai que entender as crises como oportunidades", reflexiona: "Co covid a xente busca volver á natureza, e Galicia ten un gran potencial agora que se buscan destinos non masificados", recorda Álvarez: "Decatémonos do potencial de zonas como Entrimo".
Manuela Ribeiro será nomeada arraiana maior
Desde as Xornadas Arraianas consideran a Manuela Ribeira "o exemplo de cómo desde un pequeno pobo pode facerse un evento tan importante como é a feira do libro de Póvoa de Varzim. É un modelo a seguir para os activistas culturais locais, e de cómo ás veces o éxito é cuestión de imaxinación e forza de vontade", subliñan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
PAROS TOTALES EN AUTOMOCIÓN
Gráfico | La huelga general reduce casi un 10% el consumo eléctrico a primera hora