ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
Exposición
Lugar: Escolma de Escultura. San Francisco | Hora: Mércores 11 de setembro, ás 20,00 horas
O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta mañá a súa peza do mes. Trátase dun "vaso cilíndrico" que foi recuperado no xacemento do Castro de San Cibrao de Las (San Amaro) na excavación de 1982, que foi dirixida por Bieito Pérez Outeiriño.
O vaso analizado será presentado por Alba Antía Rodríguez Nóvoa, quen sinala que a peza de setembro "ten un tamaño medio cunha forma lixeiramente troncocónica e cóncava". Explica que é un obxecto que "conserva unha asa de sección cilíndrica colocada a media altura" pero que "é probable que tivese unha segunda no lado oposto". Rodríguez Nóvoa engade que o fondo, como é habitual nas pezas deste tipo, "é plano".
Os que queiran coñecer en profundidade a historia do vaso deberán saber que "nin o acabado exterior nin a decoración presentan a calidade excepcional que podemos ver noutros similares". Aínda que sinala que o acabado exterior deste obxecto "é un alisado suave, especialmente na parte inferior", onde "se aprecian as pegadas dos rolos de arxila que o conforman".
Alba Antía explica que o esquema decorativo "é o habitual dos vasos cilíndricos" con "tres grupos de bandas horizontais incisas". Este obxecto, según Rodríguez Nóvoa, servía para "conter líquidos ou semilíquidos" e según o estudado, a presenza de "terra sigilliata itálica" indica que é "unha forma do cambio de era". Unha oportunidade para coñecer máis dos elementos empregados no pasado en Ourense.
No Castro de San Cibrao de Las, ubicado en San Amaro, atopáronse diferentes vasos cilíndricos. Un deles tiña unha clara diferenza ao presentar o fondo perforado. Según os estudos, esas pezas utilizábanse para a producción de queixo ou algún producto similar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
72 PELÍCULAS E 23 NACIONALIDADES
O OUFF baixa o pano tras dez días de cine na cidade de Ourense
Ricardo Tena
Al final sí que había fútbol