EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Con este ramiño de estrelas da noite ourensana quero honrar o teu nome, Eduardo González Ananín e agradecerche todo canto fixeches e creaches, entregaches e soñaches en ben da nosa fala e a nosa Terra. “Poeta da verdade” nas duras horas da traxedia. Nostálxico sorriso de neno inocente e pillabán, rebelde necesario neste mundo que esmorece. Encarnizados poemas de guerra e sangue, de inxustiza e traumática emigración. Mais os dorosos laios desgarrados non mataron a mirada limpa e a risa luminosa do home bo.
Falábasme da revolución do pensamento e da importancia da educación. Os “imbéciles e escuros” eran aqueles que se perdían no labirinto das ideas que non lle deixaban ver a alma do seu irmán. Ti promovías o combate dialéctico, o pulso firme da xustiza, a fiel balanza. E bebías na fonte inesgotable da auga clara que rega a palabra xusta, a que fecunda ó ser humano leal, nobre e xeneroso. Fuches a voz da denuncia social. Fuches o aloumiño de amor que soubo namorar a túa linda Carolina. Por iso as túas fillas son sabias coñecedoras e expertas na “comunicación non violenta”, pois xa ti, meu queridiño, drenaras, depuraras e transmutaras aquel sensentido da barbarie no canón do teu corazón violeta.
Deíxasnos a túa “Tierra compartida”, “Subida al mar”, a túa “Dorna” a túa “Palabra invicta”, o teu “Recordando Galicia” dende a Arxentina, o teu “Rol de cantárida” e as lembranzas daquel grupo de poetas, Dolmen, que compartías co teu amigo Víctor Campio e onde te admirei ó escoitarte por primeira vez naquel recital ó que asistín sendo unha adolescente estudante de Bacharelato no Instituto das Lagoas. Anos despois escribiría para ti unha loa nunha homenaxe do Liceo.
Sempre quedei abraiada polo contraste que había entre o mundo que viviras -tan cruel- e o que nos entregabas -tan doce, sereo e plácido- ensinándome o poder maxistral daquelas túas armas invisibles. DEP meu admirado poeta.
P.D.: Dille a don Víctor que sigo escribindo. Sempre mo repetía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago