EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
San Cibrao das Viñas acolle a primeira edición de As Viñas Fest, un festival gratuito organizado polo concello de San Cibrao das viñas e dirixido a tódolos públicos que se celebrará o estes sábado, 20 de abril. “En San Cibrao das Viñas seguimos incrementando as actividades de ocio e cultura dirixidas á xuventude e que o mesmo tempo podan pasalo ben as familias con peques e veciños de tódalas idades”, destaca a alcaldesa, Marta Nóvoa.
A xornada festiva contará cunha sesión de tarde na que, a partir das 17:30 horas actuará Uxía Lambona e a Banda Molona no recinto ubicado xunto ás piscinas de Ponte Noalla no que ademáis os máis pequenos e as familias poderán desfrutar de inchables e un espazo de relax con mesas.
A sesión de noite comezará ás 22,00h no novo acceso ó Polígono e estará protagonizada polo espectáculo de Panorama, que trae por primeira vez á provincia de Ourense o novo show da súa xira 2024 ata á 1,00 horas. Si de algo pode presumir a Orquestra Panorama é de presentar un espectáculo sempre novo, actual e que sempre sorprende. A capacidade de reinvención da formación, despois de 35 años de traxectoria, está fora de toda dúbida. Así, neste ano, atendendo ás temáticas de actualidade para montar o seu show, este ano fan un guiño á intelixencia artificial. Un tema que está na boca de toda a sociedade, de como esta tecnolocía ten o potencial de cambialo todo, aínda coa sensación de tan só ter dado os primeiros pasos.
Pechará o festival a macro disco móbil A Gramola ata ás 4,00 horas, unha referente no seu eido.
Existen buses de chegada dende Ourense ata as 22,30 horas, son as liñas 14 e 33, e facilitaranse liñas de bus para a volta ao finalizar o festival (venta de billetes de transporte a través de Woutick). Será nos seguintes horarios con saída do intercambiador da Alameda: ida 21,30 horas e volta ás 04,00 horas; ida ás 22,15 horas e volta ás 04,30 horas; ida ás 23,00 horas e volta ás 05,00 horas, e ida ás 23,45 horas e volta ás 05,30 horas. Ademais haberá buses de ida e volta para a zona de Piñeiral, San Cibrao, Soutopenedo e Rante a partir das 21,00 horas. Do mesmo xeito, habilitaráse unha ampla zona de aparcamento e as correspondentes medidas de seguridade coa máxima atención dos profesionais competentes.
“Este macroevento é unha aposta polo pobo e polos veciños, coa promoción da cultura e o ocio, para o que disporemos dun dos maiores espazos habilitados expresamente para este festival que será un referente a nivel provincial e de calado autonómico, contando cos referentes da verbena a día de hoxe”, sinala Novoa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último