SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio
Cultura
O produtor ourensán Alfonso Blanco “Fosco” recibirá o Premio Ourense da 26 edición do Ourense Film Festival. O domingo, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunicoulle persoalmente a Alfonso Blanco a decisión da organización de outorgarlle o Premio Ourense, e resaltou “a súa traxectoria profesional desde a produtora galega Portocabo, destacando en particular o seu ourensanismo militante, e o seu interese en fomentar a provincia como plató audiovisual, como ben de confirmar coa exitosa comedia Cuñados, enteiramente rodada en Ourense”. O produtor agradeceu enormemente o premio: “É unha honra recibir este recoñecemento no festival da miña cidade”. Blanco é director xeral da produtora Portocabo, unha das máis importantes do panorama audiovisual estatal, e responsable de éxitos como a película Cuñados ou de series como Hierro.
Nas últimas edicións, o Premio Ourense recoñeceu as figuras de Luis Tosar, Norberto López Amado e Dani de la Torre. Historicamente, este galardón recaeu en persoeiros da talla dos directores Luis García Berlanga, Enrique Urbizu e Emilio Martínez Lázaro, ademais dos actores José Sacristán, Imanol Arias ou Emilio Gutiérrez Caba. Igualmente foron recoñecidas en anteriores edicións do festival as actrices Lola Dueñas, Mercedes Sampietro, a directora Pilar Miró ou a escritora Elvira Lindo.
Alfonso Blanco é un ourensán de pés a cabeza que presume das súas raíces sempre que pode. Nado en Freixido, concello de Petín, viviu na cidade de Ourense dende mozo, onde se trasladou a rematar os seus estudos e desenvolveu a súa afección polo cine. No mundo do audiovisual comenzou traballando en series míticas da TVG como Mareas Vivas, Terra de Miranda, Padre Casares ou Matalobos. Tamén produciu diversos programas de televisión e é docente do Máster de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade de A Coruña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio
PRODUCTO INTERIOR BRUTO
El PIB ourensano crece por encima de la media nacional
INFORME AUTONÓMICO
A Saínza aspira a ser de interés turístico nacional
Lo último
Ricardo F. Colmenero
Os xemelguiños
MAPA ESPECÍFICO
Las interacciones con orcas subieron en Galicia en 2025
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este Domingo de Resurrección, 5 de abril
GUERRA EN ORIENTE
Trump da otro ultimátum