Ouren Sound Fest anuncia a VIVA SUECIA como o primeiro cabeza de cartel

FESTIVAL

O festival de referencia de Ourense anunciou a VIVA SUECIA como o seu cabeza de cartel, mellorando ano a ano a súa calidade e aposta musical

Publicado: 14 oct 2024 - 11:38 Actualizado: 14 oct 2024 - 22:05

VIVA SUECIA
VIVA SUECIA

O festival Ouren Sound Fest anuncia a VIVA SUECIA como o primeiro cabeza de cartel. A banda de Murcia fará parada en O Pereiro de Aguiar no décimo aniversario desta cita musical da provincia de Ourense, que se celebrará dende o 22 ao 25 de maio de 2025. Deste xeito o grupo súmase aos xa anunciados Xoel López, Siloe, Sexy Zebras, Neverland Bari e a Duendeneta.

Cartel Ouren Sound Fest 2025
Cartel Ouren Sound Fest 2025

Tras a edición do 2023 con Andrés Calamaro e a deste ano 2024 con Arde Bogota, Sidonie, Shinova e Tanxuguieras, o Ouren Sound Fest volve cunha nova potentísima edición, evento que cada ano medra en calidade de artistas e produción.

O Ouren Sound continúa co apoio da Deputación de Ourense como patrocinador oficial, así como tamén con outros institucionais como a Xunta. Desde a Axencia de Turismo de Galicia tamén conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música "que xera encontros entorno ao directo", explican.

Contenido patrocinado

stats