Os ourensáns en Basilea preparan una foliada para este sábado
Os ourensáns emigrados á Suíza non esquecen as súas raíces. Este sábado, día 1 de xuño, o Centro Recreativo Cultural Ourense de Basilea, no país helvético, organizan a decimoterceira edición da súa foliada. A festa terá lugar na sede da entidade ás seis da tarde, tal e como publicaron dende a asociación de emigrados.
Deste xeito, o CRC Ourense de Basilea engade unha actividade máis ao seu programa. Trátase dunha das asociacións de ourensáns no exterior máis activas. O pasado mes de marzo, o club organizou un torneo de tute no que os mellores clasificados levaron unha caixa de viño tinto, un bono de cen francos suízos e uns chourizos.
Ademais da foliada, tamén haberá ambiente deportivo. Está previsto que o local ofreza a final da Champions League a quen se aproxime á sede da entidade, que tamén ofrece comidas galegas en pleno corazón da Suíza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 19 de noviembre?
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
La izquierda progresista
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 19 de noviembre
Itxu Díaz
BITÁCORA DE CAMPAÑA - DÍA 6
El incansable murmullo de la falacia