PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
45 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE
Non importa os anos que pasen, a figura de Eduardo Blanco Amor sempre estará presente na memoria de todos os ourensáns e galegos. Como é tradición, polo aniversario do seu falecemento -do que hai xa 45 anos- a cidade de Ourense rendiu homenaxe ao que é o seu “escritor insignia”. Así o denominou Luis González Tosar, presidente da fundación que leva o nome do autor, durante a súa intervención no acto que tivo lugar onte no cemiterio de San Francisco, aos pés da sepultura onde descansan os restos de Blanco Amor.
Os alumnos do IES Blanco Amor dedicaron poemas ao autor no acto aos pés da súa sepultura, no cemiterio de San Francisco
“Fillo da terra, de pedra e do río, cunha voz feita de néboas e luz e unha alma ardendo no fío…”, así comezaba un dos poemas que os alumnos do IES Blanco Amor leron en memoria do escritor. Un emotivo xesto que ano tras ano se repite, facendo aflorar os sentimentos dos presentes.
Os nenos son sempre os protagonistas deste acto, por iso precisamente se celebrou o día 2 de decembro e non o 1 como debería. “O propio día desta homenaxe debería ter sido o domingo, pero non podíamos contar cos máis importantes, que son os nenos”, resaltou Tosar. Estiveron presentes alumnos doutras xeracións, como é o caso de María do Carmo Henriquez, que participou na ofrenda floral e lembrou anécdotas do centro que leva o nome do autor. Entre os presentes estiveron tamen distintas autoridades da cidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Homenaxe ao Plus Ultra en Ourense, 1926
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Gritos de campaña