MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
PRODUTO DA TERRA
En plena campaña de recollida da castaña, a Asociación de Propietarios de Castiñeiras Cañón do Sil puxo en marcha unha nova iniciativa para mellorar a conservación deste prezado froito. A recolección e clasificación que leva a cabo na nave de clasificación do concello busca optimizar o proceso de almacenamento e prolongar a vida útil das castañas recollidas, beneficiando tanto aos produtores como ao medio ambiente.
Como parte desta iniciativa, a asociación distribuíu carteis polos pobos de toda a contorna con recomendacións clave para os recolectores. Aconséllase non recoller as castañas máis pequenas, evitar mantelas moito tempo no maleteiro do coche para previr a aparición de vermes debido á calor, e levalas canto antes á nave para a súa clasificación.
Ademais, as castañas, segundo indican desde o consistorio, almacenaranse en redes, o que permite unha mellor transpiración e conservación, en lugar dos sacos de plástico habituais.
Para facilitar esta medida, a asociación entregou aos socios bolsas co seu logo, dentro das cales se inclúen dez redes para o correcto envasado das castañas. Un total de 110 persoas do concello de Parada de Sil beneficiaranse desta iniciativa, que busca garantir unha mellor calidade do produto e un manexo máis sostible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último