Pastoreo virtual en Allariz: un éxito nas súas primeiras probas

DIGITALIZACIÓN DEL PASTOREO

O Rexo, en Allariz, xa conta con 20 cabras con dispositivos que facilitan unha gandaría rexenerativa e rotativa

Rosi Quintana, responsable de administración en O Rexo.
Rosi Quintana, responsable de administración en O Rexo.

A Fundación Ramón González Ferreiro en colaboración coa Fundación Juana de Vega vén de pór en marcha un innovador proxecto que podería simplificar a xestión da gandería extensiva: o pastoreo virtual.

Esta iniciativa parte do uso duns xeolocalizadores que levan os animais a modo de colar. Dende o dispositivo móbil, o xestor do rabaño pode crear un número ilimitado de valos virtuais que os animais non poderán traspasar. De facelo, o colar emitirá uns estímulos para garantir que o rabaño permaneza na zona delimitada.

Fachada de O Rexo, ecoespazo que acolle as primeiras probas do pastoreo virtual.
Fachada de O Rexo, ecoespazo que acolle as primeiras probas do pastoreo virtual.

O Rexo e a Granxa de Valverde son dous espazos lindeiros que acollen agora proxectos experimentais entre os que se atopa este pastoreo virtual, con 20 cabras que xa levan estes dispositivos nos seus pastos. Anxo Quintana, xerente de Educagro S.L.- empresa pertencente á Fundación Ramón González Ferreiro- sitúa este proxecto como un paso máis cara á recuperación de terras agrarias abandonadas e a súa posta en valor, obxectivo co que xa naceu O Rexo: “Nós queremos limpar esas superficies e introducir unha actividade económica que manteña o equilibrio medioambiental”. E queren facelo dando un paso máis, “substituíndo unha parte do traballo feito por maquinaria, polo traballo de animais”.

Este sistema virtual permite facer un pastoreo rotativo e rexenerativo cunha perspectiva ecolóxica e medioambiental

Neste marco, o pastoreo virtual permitiría un cambio estrutural no pastoreo da gandaría extensiva. Posto que este tipo de pastoreo implica “unha atención permanente” por parte do pastor, subliña Quintana que -con este proxecto- facilítase a seu labor: “Consiste na utilización dun dispositivo que nos permite facer un cercado virtual no monte, coas dimensións que nós queiramos. Introducimos as cabras co colar xeolocalizador que permite que o animal quede nese cercado virtual que nós deseñamos. Este dispositivo ten primeiro un impulso de son que lle indica que non debe pasar esa liña, e se insistira, tería un impulso eléctrico similar ao que lle pode dar un pastor eléctrico tradicional”.

Los quesos de O Rexo.
Los quesos de O Rexo.

Gandaría rexenerativa

Con esta iniciativa, foméntase o control sobre os animais e a facilidade para facer gandaría rexenerativa e gandaría rotativa. Un dos problemas máis comúns da permanencia das cabras no monte é que pode provocar a desertización ao seu paso. “A posibilidade de mover os cercados de maneira virtual permítenos facer un pastoreo rexenerativo e rotativo cunha perspectiva ecolóxica e medioambiental na rexeneración do monte”, sinala Quintana.

Para por en marcha este proxecto, cobra importancia a finca de adestramento na que as cabras se familiarizan co sistema de cercado virtual. Unha vez adaptados a estes dispositivos, os animais dan o paso ao monte, onde ocupan unha maior dimensión, que neste caso está a ser de dez hectáreas exactamente.

Bosque de O Rexo.
Bosque de O Rexo.

Aínda que nun comezo os profesionais como Quintana mantíñanse escépticos polo resultado que poderían dar os colares e os trazados, o que se está a ver polo momento é un éxito: “Estamos altamente sorprendidos. Ao principio non sabíamos se finalmente os animais lle farían caso ao cercado virtual e o resultado é tremendamente positivo”. Porque aínda que “hai un período de aprendizaxe no que as cabras nalgún momento traspasan o límite virtual marcado, despois de tres ou catro días de adestramento o resultado é perfecto e iso nos coloca nunha posición moi importante”. De feito, nese período de aprendizaxe tampouco fai falta que o xestor do rabaño vaia buscar aos animais en caso de que saian da zona marcada: “En principio pita e se traspasa a zona dálle un impulso eléctrico, pero as cabras son moi gremiais. Ao estar sempre agrupadas en rabaños, cando unha pasa, ao ver que as outras non, acaban volvendo outra vez

Contenido patrocinado

stats