RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
A pianista e a cantante tocarán mañá pezas do seu disco, 'Muller'
Unha inquedanza que a gaiteira e pianista ourensá Cristina Pato poderá desbotar mañá mesmo ás 20.30 horas. Nese momento, o telón abrirase para que ela e a cantante Rosa Cedrón poidan interpretar unha serie de cancións coñecidas por tódolos galegos e que 'poden tocar a fibra das diferentes xeracións'. En especial, soarán os temas incluídos no disco 'Muller', gravado co obxectivo de 'recrear o ambiente dun salón da casa e facer que o público se sinta preto de nós', explica Pato, mesma atmosfera que constrúen nos concertos.
O proxecto Soas naceu hai case catro anos 'de casualidade' e mentres as dúas artistas agardaban o seu turno para participar como convidadas nun concerto. Conta Cristina Pato que naquel momento 'vimos que había unha conexión porque as dúas viñamos do mundo clásico e tiñamos pasado pola música de raíz'. Foi unha tarde de improvisación na casa materna da ourensá a que deu orixe a esta andaina compartida.
Cristina Pato e Rosa Cedrón, elas 'soas' son quen de amosar a relación 'extremadamente bonita' que manteñen. Do mesmo xeito, a ourensá pode dar a coñece 'a esa outra Cristina', a pianista, que a ten levado a percorrer o mundo. Di que ó principio dos concertos que comparte con Cedrón, o público si que agarda a súa faceta de gaiteira, pero 'ós pouco tempo danse conta de que nin eu vou sacar a gaita nin Rosa vai cantar 'Tu gitana' e xa ven o concerto con emoción e cariño'. Con eses mesmos sentimentos está pensado porque, aínda que as dúas artistas son 'bastante libres e independentes' manteñen unha 'conexión tan forte que cando nos xuntamos', o resultado é o que mañá soará no Teatro Principal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
PRIMERA PROMOCIÓN DE GRADUADOS
La “lotería” de haber apostado por la IA antes de su estallido
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología