Podcast | Xustiza Social: cales son os principais desafíos sociais da sociedade nesta década?
Os investigadores de UVigo Carmen Verde, Iria Vázquez e Brais Suárez elaboraron un Minidiccionario de Xustiza Social con 72 termos dirixido a alumnado da ESO, Bacharalato e FP
Co fin de conmemorar o Día Mundial da Xustiza Social, dende a Universidade de Vigo veñen de lanzar unha serie de actividades divulgativas. Unha acción que forma parte do plan de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades 2023/2024 da Unidade de Cultura Científica e da Innovación, que conta co financiamento da FECYT.
Entre as propostas da UVigo para esta data atópase o Minidicionario de Xustiza Social. Dirixido a alumnado da ESO, Bacharelato e FP, pretende “contribuír a que o estudantado entenda os riscos, dinámicas e retos sociais actuais, ao tempo que pon en valor iniciativas, ferramentas e mecanismos de transformación social”.
A publicación está conformada por un total de 72 termos divididos en once capítulos segundo campos semánticos. Deste xeito, no glosario destácanse numerosos conceptos relevantes, curiosos ou novidosos para achegar e favorecer a reflexión sobre as distintas realidades sociais, así como algúns dos posicionamentos sociais existentes para afrontar os retos presentes e futuros da sociedade.
Hoxe acompáñannos no pódcast os tres investigadores que coordinaron este proxecto e contribuíron a materializalo e darlle vida. Os seus equipos de investigación contan con liñas de estudo sobre as desigualdades económicas, ecolóxicas, sociopolíticas ou de xénero, así como sobre o deseño de políticas sociais, a inclusión, a intervención ou a innovación social. Son Carmen Verde Diego e Iria Vázquez, ambas investigadoras do grupo GETS-IT; e Brais Suárez Eiroa, quen investiga no grupo Post-Growth Innovation Lab. Benvidos ao podcast.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Manuel Baltar
Recetar termalismo
EMBAJADORA EMPRENDEDORES
Los innovadores caminaron por la Vía da Prata de Allariz
26, 27 y 28 DE JUNIO
Este verano, ojo al dato con el Basket Data Summit 2026 en Ourense
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Las nuevas generaciones vivirán mejor