O PP afea ao Goberno a “desidia" na mellora da N-525 en Ribela
Política
Dende o gobernon indicaron que o proxecto está "en fase de redacción"
Os deputados ourensáns do PP no Congreso critican o "importante retraso" no proxecto para mellorar a seguridade na intersección da N-525 en Ribela (Coles) e instan ao Ministerio de Transportes a "abandonar a desidia" e finalizar a redacción do proxecto, en espera desde o 2018.
Ana Vázquez e Celso Delgado rexistraron o pasado 12 de decembro unha pregunta, para coñecer "que razóns explican o importante atraso por parte do Ministerio de Fomento en concluír o proxectopara a construción dunha ligazón e reordenación de accesos na N-525 n o punto kilométrico 244,368".
O Goberno respondeu o pasado 31 de xaneiro que o proxecto da mellora na seguridade viaria en Ribela está "actualmente en fase de redacción, pendente de ser sometido ao trámite de información ao público".
Ante esta resposta, que os populares tildan de "moi decepcionante", cren que se evidencia o retraso do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e da súa Dirección General de Carreteras á hora de redactar "un proxecto que é de reducidas dimensións, pero de gran importancia para seguir mellorando a seguridade viaria".
A mesma resposta
Xa o 3 de xullo de 2019 o ministerio de José Luis Ábalos, en resposta a unha pregunta dos deputados ourensáns do PP, dicía sobre este proxecto que "está en fase de redacción e ou seu trazado deberá someterse a información Pública". É dicir, sinalan os deputados, "exactamente o mesmo que seis meses despois".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales