IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou onte as bases reguladoras da 43ª edición do Premio de Novela Eduardo Blanco Amor, convocado conxuntamente pola institución provincial e a Fundación Blanco Amor, e dotado con 15.000 euros.
O Premio de Novela Eduardo Blanco Amor ten como principal finalidade fomentar e difundir a literatura en lingua galega. Leva o nome de Eduardo Blanco Amor en homenaxe a un dos principais escritores de Galicia, que renovou coa súa obra a narrativa galega. Foi instituído no 1981 a instancias do Concello de Redondela, e chegou a contar co apoio de 46 concellos de toda Galicia. Desde o 2015 organiza e patrocina este certame a Deputación de Ourense, incorporándose no 2017 a Fundación Eduardo Blanco Amor, creada daquela.
Poderán participar no premio as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade, que presenten novelas orixinais, inéditas, non premiadas en ningún outro certame, nin publicadas ou rexistradas, total ou parcialmente, escritas en lingua galega coa normativa ortográfica vixente. Non se poden presentar os autores premiados en edicións anteriores. Poderán presentarse orixinais ata o 24 de xullo de 2024.
O ano pasado, o XLII Premio de Novela Eduardo Blanco Amor recaera na xornalista e escritora pontevedresa Sara Vila Alonso pola súa obra “O Incendio”.
No que atinxe á cooperación cos concellos da provincia, a xunta de goberno da Deputación aprobou achegas por un importe total de 206.926,03 euros. Así, ao Concello de A Rúa concédenselle 48.000 euros para a mellora do sistema de tratamento de auga potable no depósito de Santo Estevo. No que respecta ao Concello de Baños de Molgas, a achega é de 40.000 euros para optimización enerxética de instalacións de iluminación pública. Para a mellora da eficiencia enerxética do campo de fútbol de Albán, a axuda concedida ao Concello de Coles é de 30.000 euros.
Ademais, ao Concello de Monterrei destínanse 20.000 euros para gastos de mellora eléctrica enerxética, o O Concello de Allariz percibirá 47.926,03 euros para a mellora e arranxo da cuberta da piscina municipal climatizada, mentres que Ribadavia recibirá e 21.000 euros para gastos de mantemento da Escola Infantil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
ESPIRAL INFLACIONISTA
Ourense, entre las provincias más castigadas por la inflación
VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto
Lo último
NOROVIRUS Y HANTAVIRUS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees estar preparado para un nuevo confinamiento?
SIN DESCARTAR NUEVOS CASOS
El español con hantavirus se encuentra “casi asintomático”