PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CONGRESO DO PP
A comisión organizadora do dezasete Congreso provincial do Partido Popular de Ourense, que se celebrará este sábado no pavillón Paco Paz da capital, acordou na reunión celebrada este mediodía a proclamación definitiva de Manuel Baltar Blanco como candidato á presidencia da formación popular, avalado por un total de 610 compromisarios.
Os membros da comisión tamén procederon ao nomeamento dos integrantes da mesa do congreso, que estará presidida por Miguel Santalices. Acompañaranlle María González Rivero como vicepresidenta; María Iglesias Nieto nas funcións de secretaria; e María Antonia Rilo, José Luis Suárez e Asunción Morgade como vocais. Tamén estará na mesa, en representación da comisión organizadora, Mónica Mourelo.
Outra das decisións adoptadas hoxe foi propoñer aos compromisarios a inclusión no programa dun novo punto, como é a lectura e votación dun manifesto en defensa da deputacións. Aínda que non estaba previsto no momento da convocatoria do congreso, sinalou a comisión, o pacto de goberno entre o PSOE e Cidadáns outorgou unha especial relevancia a esta cuestión. A lectura do documento correrá a cargo de Plácido Álvarez Dobaño, como portavoz do grupo provincial popular na Deputación.
O dezasete Congreso provincial, que ten como lema "Ourense ten forza", dará comezo ás dez da mañá. Tras a constitución da mesa procederase á presentación de tres relatorios: "Futuro e comunicacións", que defenderá Cristina Romero; "Turismo e termalismo", presentada por Gabriel Alén Castro; e "A provincia intelixente; Ourense como referencia", defendida por Miri Barreira.
O manifesto en defensa das deputacións e o informe de xestión do que dará conta o secretario provincial, Rosendo Fernández, serán os seguintes puntos da orde do día e que darán paso á intervención da vicesecretaria nacional de estudos e programas do PP, Andrea Levy. A seguinte intervención será a de Manuel Baltar, que presentará a súa candidatura aos compromisarios xusto antes da apertura das urnas.
Tras o reconto dos votos, a comunicación dos resultados e a proclamación da candidatura electa, o novo presidente do Partido Popular de Ourense volverá intervir ante o congreso, que será clausurado polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
ESPACIO EMBLEMÁTICO
Viana do Bolo renueva el mirador de San Cibrao para mejorar su seguridad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
¿El galgo de "La Revuelta"?
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Cara unha sociedade multirracial
CONVERSACIÓN TRILATERAL
Ucrania, Rusia y EEUU tratan de alcanzar la paz en Abu Dabi