A produción ecolóxica chega en Ourense a 72 municipios

78% DO TERRITORIO

É a segunda provincia con máis hectáreas ecolóxicas certificadas, despois de Lugo, 46.967

As castañas son un dos produtos ecolóxicos máis destacado de operadores como Daiquí.
As castañas son un dos produtos ecolóxicos máis destacado de operadores como Daiquí.

A agricultura ecolóxica é un sistema de xestión agraria de produción, basado na obtención de alimentos de máxima calidade sen usar produtos químicos de síntesis, nin organismos modificados xenéticamente. O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, Craega, é o organismo que certifica e promove a produción ecolóxica no territorio galego. A agricultura ecolóxica diferénciase en gran medida da agricultura convencional. Na primeira mencionada, empléanse sustancias de orixe natural e biodegradables.

Na agricultura convencional, usánse fitosanitarios que provocan aumento da resistencia e aparicición de novas plagas, outras enfermidades, a eliminación da fauna e a acumulación progresivo no chan. Ademáis, a agircultura convencional ofrece produtos en cantidad, mentres que a ecolóxica o fai en produtos de alta calidad.

En función dos últimos datos publicados polo Craega, referentes ao ano 2023, a cobertura territorial de agricultura ecolóxica certificada en Ourense era de 72 municipios dun total de 92 na provincia, é dicir, un 78% do territorio. Galicia contaba cunha extensa superficie ecolóxica certificada, con 46.967,01 hectáreas nese ano. Pola súa banda, Ourense era a provincia con máis hectáreas ocupadas despois de Lugo, con 17.270,78 hectáreas.

De 2022 a 2023, a superficie ecolóxica en Ourense medrou un 20%. Galicia tamén conta cunha gran variedade de operadores dos distintos sectores, como son os de produción animal, vexetal ou acuicultura. En Galicia, sumaban en 2023 un total de 1.552 operadores ecolóxicos, en Ourense pola súa banda existían no mesmo periodo un total de 233. Os produtos de orixe animal son os máis representativos en Galicia, no 2023 supoñían o 52% do total. Recentemente, creceu de xeito importante a produción vexetal, con tubérculos, cosecha silvestre e horticultura, altamente demandada polo consumidor. Pola súa banda, en Ourense maioritariamente son produtores vexetais, elaboradores e importadores. Ademáis, a provincia de Ourense caracterízase tamén pola produción animal.

Un destes operadores é Daiquí, unha iniciativa rural sostible que foi impulsada no 1996 en Rairiz de Veiga. Un dos responsables de fundar este proxecto foi Manuel García, quen afirma que Daiquí naceu como “un proxecto para defender o sistema agrario tradicional. Se animamos á xente a producir alimentos dentro do sistema agrario tradicional dunha forma respetuosa, terá máis futuro que se arrasamos con todo e nos adicamos a montar macrogranxas”.

Horta, pataca e mel

Desde Daiquí traballan principalmente cos produtos da horta, ademáis de patacas, mel e polen. Os frutos secos tamén son un dos seus produtos estrela, destacando especialmente as noces e as castañas, entre outros. “Para seguir avanzando neste sector precisamos dun recoñecemento por parte da sociedade. Cada vez son máis os consumidores que apostan por unha agricultura ecolóxica tradicional”, asegura García.

A agricultura ecolóxica é unha forma de producir sostible, de respetar o entorno e de conseguir alimentos dunha calidade maior para o consumo humano. “A problemática que temos aquí na Limia é grande. Despois das concentracións parcelarias, induciuse aos agricultores e gandeiras a intensificación da produción. O resultado é o abandono rural e a produción de alimentos baratos, de mala calidade que non teñen saída no mercado”, manifesta Manuel García.

Contenido patrocinado

stats