ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O PSOE de Ourense reclamará á Xunta a construción de dous centros de saúde na cidade e que se retomen os proxectos do Ecobarrio e o hotel balneario nas emendas aos Orzamentos autonómicos.
Os socialistas esixen un centro de saúde no barrio do Vinteún e outro en Mariñamansa. “Nos orzamentos de 2022 aparecía unha partida para este último pero pola cantidade destinada semellaba evidente que non sairía adiante, pero nestes xa nin se contemplou”, lamentou a deputada Carmen Rodríguez Dacosta, que cualificou os orzamentos de 2024 como un “déjà vu” de contas anteriores. “Son continuístas e totalmente carentes de ambición, cando nesta cidade necesitabamos unha discriminación positiva para sacala da parálise na que está sumida, como todas as do interior”, sinalou.
Sobre o Ecobarrio afirmaron que se solicita unha contía de dous millóns de euros. “Queremos que se retome este proxecto, como levamos pedindo os últimos meses, e que deixen de pasarse a pelota entre o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia para ver quen ten a culpa”, indicou Natalia González Benéitez, voceira do PSOE no Concello.
Co obxectivo de potenciar o termalismo na cidade e de que se elabore un plan específico para ela, os socialistas esixen outros dous millóns de euros. “Só Budapest supera o noso caudal e calidade destas augas minerais e non podemos permitirnos mirar cara outro lado”, argumentou a deputada no Hórreo.
“Esperamos que o Partido Popular acepte as nosas propostas polo ben dos cidadáns”, rematou a edil no Concello de Ourense, quen engadiu que tamén se presentan emendas para infraestruturas, transporte metropolitano ou educación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último