ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
"A asistencia como oíntes aos plenos da Deputación é incompatible co noxento intento socialista de boicotear os plenos dunha institución democrática", declarou o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, quen lembra que estas sesións poden seguirse dende calquera punto do mundo a través da súa web "e no propio salón gardando o debido respecto institucional que os socialistas atacan constantemente".
Jorge Pumar sinala que os socialistas "fan do insulto e da calumnia a súa razón de ser, cuestión incompatible coa convivencia como esencia da democracia". O vicepresidente segundo lembra que está acreditado que baixo a presidencia de Manuel Baltar "tomaron a palabra representantes de colectivos e membros de plataformas sen ningún tipo de cortapisa".
O grupo popular avoga polo perfeccionamento do sistema actual que nunca debe permitir "atacar en todos as frontes" nin a institución nin aos seus representantes como tentaron os socialistas ourensáns, tal e como quedou acreditado.
Segundo afirma Jorge Pumar, os plenos da Deputación son para tomar decisións de ámbito provincial e para debater iniciativas políticas, "non para insultar aos membros da corporación nin aos asistentes, e moito menos para deixar en evidencia as carencias democráticas e cívicas dos de sempre".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
PREVISIÓN DEL TIEMPO
De los 30 grados al aviso amarillo: así cambiará el tiempo en Ourense esta semana