ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
"A percepción da realidade e a conduta que mostra o deputado Pérez Jácome insistindo na súa falsa denuncia só poñen en evidencia o seu desesperado intento por converterse no novo líder da oposición na Deputación", sinalou o vicepresidente segundo da institución provincial, Jorge Pumar, en resposta a un novo ataque do representante de Democracia Ourensana.
A actitude do deputado, engadiu Pumar, demostra "que non pode soportar o protagonismo do portavoz socialista, polo que se erixe nun pretendido defensor do público pero utilizando as mesmas armas que o PSOE: a mentira e o insulto".
"Pérez Jácome confunde o seu partido coa súa actividade empresarial, mesturando as institucións provincial e municipal", dixo Jorge Pumar, quen engadiu que "o PP non necesita seguir desmentindo o custo da viaxe a Estados Unidos porque os documentos que acreditan os gastos están ben claros, salvo para el, incapaz de distinguir conceptos como hotel, desprazamentos e visado".
"Máis grave aínda", apunta do vicepresidente segundo da Deputación, é que ataque a unha empresa de viaxes de Ourense que xestiona os seus servizos ao mellor prezo posible, "o cal parece ser a súa especialidade cando no pleno de marzo menosprezou a outra empresa da provincia que participará na misión comercial de Estados Unidos". Unha atrevida ignorancia, "pois como demostramos no pleno da pasada semana dita empresa, aínda que se dedique ao sector do doce, xa exporta a este país"
"Xa advertimos -concluíu Pumar- que en ningún momento o grupo provincial popular vai seguir permitindo que a mentira e o insulto convértanse na única estratexia política da oposición, danando a imaxe dunha provincia e das súas empresas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
PREVISIÓN DEL TIEMPO
De los 30 grados al aviso amarillo: así cambiará el tiempo en Ourense esta semana