PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
PUEBLOS
Rede Localis, grupo de expertos, entre eles da Universidade de Vigo, recomenda no seu Observatorio Municipal Galego, mentres non se acometan as modificacións, apostar por mancomunidades, fusións municipais e outras colaboracións.
O grupo de expertos, encabezado polo profesor do Campus de Ourense Alberto Vaquero, vén de presentar un novo estudo que recomenda acometer “un cambio importante en materia tributaria dependente do Estado” para así mellorar o financiamento dos concellos pequenos.
En Galicia, a maioría (202 de 313) teñenmenos de 5.000 habitantes. Iso si, mentres esta reforma de calado non se produza, expóñense outras opcións como o fomento das mancomunidades de municipios, fusións de concellos e outras figuras de colaboración que dependen máis das políticas autonómicas e locais de Galicia.
Estas son as principais recomendacións que recolle o Observatorio Municipal Galego de Rede Localis nunha nova nota que profunda na necesidade de modificar o mapa municipal. En todo caso, non facer nada “pode traducirse en deixar de prestar servizos e/ou ofertalos sen a debida calidade á cidadanía”.
O equipo que dirixe Vaquero pon o foco a “elevada atomización” dos concellos na Comunidade galega, especialmente nas provincias de Ourense e Lugo, onde os de menos de 5.000 supoñen o 89,1% e o 82,1% do total, respectivamente. De feito, todos estes municipios acumulan pouco máis de 400.000 habitantes, en torno ao 15,2% da poboación de Galicia. Pero esta porcentaxe elévase ao 37,6% en Ourense e ao 34,6% en Lugo.
Este “minifundismo local” condiciona “claramente” a recadación fiscal e implica unha “excesiva dependencia económica” doutras administracións públicas por parte destes concellos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO EN OURENSE
Un choque entre una furgoneta y un coche deja un herido en la calle Progreso