Os referentes no mundo das ideas gráficas e da xestión gastronómica
O arquitecto Pepe Cruz e o xornalista Jorge Guitián protagonizan a xornada sobre deseño e patrimonio
A arquitectura, a publicidade e a escritura son algunhas das disciplinas incluídas nas necesarias industrias culturais e creativas. Para entrar nestes terreos cos mellores guías, a oitava edición da Ourense ICC Week organiza o mércores, día 27 de abril, dous encontros de alcance no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O primeiro con Jorge Guitián, historiador da arte especializada na xestión de patrimonio cultural e unha das voces máis autorizadas no escenario gastronómico nacional. A segunda cita será co deseñador e arquitecto Pepe Cruz, do estudo Cruz más Cruz. Os relatorios contarán coa presenza dos alumnos CIFP A Farixa no primeiro caso e os da Escola de Arte e Deseño Antón Faílde, no segundo.
A Ourense ICC Week mantén con esta cita a súa aposta por amosar os diferentes ámbitos que forman a gran familia das industrias creativas e culturais e ao mesmo tempo cumpre co obxectivo de implicar as novas xeracións.
Jorge Guitián é historiador da arte, especializado en arte prehistórica e en xestión do patrimonio cultural, tamén e investigador aínda que o que mellor o define é a súa enorme paixón pola gastronomía e a boa cociña. Despois de traballos variados decidiu aplicar os seus coñecementos da xestión cultural ao campo gastronómico. Crea o Laboratorio de Ideas Gastronómicas, que chega á actualidade, xunto con Anna Mayer, baixo o nome de Guitián-Mayery. O seu traballo foi recoñecido co Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro ou co Gourmand World Cookbook Award, entre outros. Actualmente firma para o diario La Vanguardia, a revista Condé Nast Traveler e a Guía Repsol, entre outros.
Mércores, 27 de abril, ás 11,00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Pepe Cruz, deseñador e arquitecto desenrola traballos de ambas actividades no seu estudio Cruz más Cruz. Falará de “De Cruz Novillo a Cruz más Cruz: 65 anos deseñando España”. O seu pai (Cruz Novillo) foi o primeiro deseñador español en introducir o deseño corporativo de marca no país e ao seu talento creador débense logotipos como o globo terráqueo do periódico El Mundo, o puño e a rosa do PSOE, a cor azul da Policía Nacional, entre outros.
Mércores, 27 de abril, ás 12,00 horas. Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
NUEVO FICHAJE
Xabi Oroz, un base de garantías para el COB
CORREDOR LOCAL MÁS RÁPIDO
Fermín Sousa recoge el premio José Luis Outeiriño del 59º Rally de Ourense