UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
O Campus de Ourense volve mañá luns á actividade presencial, coa comunidade universitaria vacinada, máis aforos e menos distancias de seguridade. O proxecto de Intelixencia Artificial é o gran reto de As Lagoas para o próximo ano e as negociacións do futuro mapa de titulacións de Galicia abren varias portas para a provincia, que toma a dianteira cun perfil tecnolóxico. A débeda con Aeroespacial -pendente dun edificio propio dende hai seis anos- podería estar máis cerca de repararse. Así o confirma o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, que prevé unha remodelación do Campus a curto prazo.
O Campus sempre é dos primeiros en cubrir a matrícula. Que valoración fai da ocupación actual?
Estamos moi satisfeitos. Hai titulacións con atrancos habituais e algunha que se sumou, pero a oferta en Galicia é cada vez maior.
O reto deste curso é a máxima presencialidade, pero canta?
Unicamente en Ciencias e no mestrado de Secundaria pediron mix de docencia presencial e online. O resto será 100% presencial.
Os mestrados son a liña do futuro mapa de titulacións. Que interesa para Ourense?
O primeiro foi Intelixencia Artificial. Chegamos a un bo acordo, vai como a seda, conto con que case seguro que o mestrado se implantará o ano que vén e se tivera que apostar polo grao sería optimista. Dos outros 13 mestrados en Galicia, a UVigo está en 11 e en sete está involucrado o persoal do Campus. Hai un prazo de dous anos para que os 13 se poñan en marcha e son optimista, algún poderase implantar antes. Tamén está aberto implantar graos.
En que punto está a negociación de novos graos?
Espero que os tres campus da UVigo teñan algún grao novo e ábrese a porta a que algún sexa interuniversitario. O de Relacións Internacionais está moi avanzado. Espero títulos novos para o Campus, pero non vou adiantar ningún.
Espera graos relacionados coa especialización, a auga?
Si.
Os mestrados si teñen nome. Que papel ten Ourense? É unha oferta moi dixital…
Si. Hai unha aposta moi forte pola tecnoloxía, o que nos chega de Europa coas liñas dos Next Generation é que a dixitalización é un mantra. No Campus imos tendo un perfil tecnolóxico moi importante, pero tamén participaremos en economía circular, medio ambiente, xudicial… Hai unha boa mistura de títulos que van fortalecer o Campus.
Intelixencia Artificial é o primeiro gran reto. Como de preparado está o Campus? En que se traducirá que esté na provincia a IA?
Temos a fortaleza de Informática, con xente moi formada en IA. Apostaremos por apoiar ao máximo a escola. Imos ter que facer captación de talento. A nova lei de universidades abriranos máis posibilidades, incluso de captar talento estranxeiro que agora mesmo é unha tortura, moi difícil. O Campus é florecente, imos facer esforzos para ter unha titulación de futuro na provincia. Debemos aproveitar para que iniciativas empresariais poidan florecer ao carón do talento que vai formarse no Campus, hai que facer un sitio atractivo para traballar e non só para formarse.
Relacións Internacionais. Por que en Ourense?
Ten un encaixe perfecto porque as titulacións que a rodean poden establecer sinerxias. Contamos con que nos vindeiros anos se fagan dobres títulos: Turismo, ADE, Historia e Dereito xogan un papel importante.
Hai problema de espazos. O Campus queda pequeno…
Temos feito o estudo que xa presentamos a Xunta para un novo edificio que poida acoller Aeroespacial e un aulario para Relacións Internacionais, espero que o ano que vén saia a concurso. Temos negociacións abertas con consellerías, Alcaldía de Ourense e Deputación. Entendemos que unha vez teñamos feito o edificio de Aeroespacial poderemos facer tamén unha remodelación global do Campus, porque hai edificios que están servindo para cubrir necesidades pero agora xa podemos empezar a programar sabendo a oferta futura. Gustaríanos ter un edificio adicional. Tamén creo que xa precisamos unha ampliación de Informática para acoller IA e hai que ter un prazo breve.
Prevé unha remodelación completa do Campus?
Efectivamente. Aeroespacial implantouse hai anos como se puido, sen edificio para acollelos e están espallados polo Campus.
Hai unha débeda…
Prometín un edificio. Nos vindeiros meses espero que se traballe no documento para poder sacar a concurso unha parcela. É obvio que temos que empezar a facer xa a captación de profesorado de IA.
Fixa data para a remodelación completa do Campus?
Contamos con que o edificio de Aeroespacial esté no prazo máis breve posible, dous anos e medio. Máis rápido imos coa planta piloto de Ciencias, unha demanda histórica. Dentro da nosa planificación das vindeiras obras, a primeira prioridade dos tres campus da UVigo é Aeroespacial sen ningunha dúbida. Pensemos en dous anos e medio. Haberá que ter antes tamén a planificación dos espazos que quedarán baleiros e dependerá do que consigamos no novo mapa.
En que punto está o polémico mestrado de Aeroespacial?
Estamos en tempo de desconto. Os atrancos chegan a veces nas negociacións polo miúdo, pero esgotaremos calquera prazo e pediremos a consellería que incluso fóra de prazo se poida facer algo, é complexo.
A pelota está no tellado de A Coruña?
Si. Parece que quere algo máis do que estaba reflictido no acordo. Espero que sexamos quen de respectar o acordo.
Agraria non remonta en matrícula. Hai preocupacion porque desapareza?
Preocupación non. Creo que Agraria ten futuro en Galicia e se realmente os fondos que chegan de Europa se aproveitan para mellorar a vida no rural unha das liñas de futuro vai fortalecer a titulación, aínda que agora sexa escasa a atracción de alumnado.
O batacazo de Turismo é a novidade. Inflúe que Ourense perde exclusividade coa nova competencia en A Coruña?
Inflúe Coruña e a covid. O sector turístico estao pasando moi mal. Creo que a baixada de matrícula é unha cuestión temporal neste caso. Faremos un esforzo para que o próximo curso estes datos sexan unha anécdota.
En que punto está a acreditacion da especialización do Campus? Parece que sempre hai atrancos…
Creo que o poderemos presentar dentro deste cuatrimestre. Sería importante conseguir o financiamento. Hai folla de ruta e a ubicación de Ourense é importante para ter socios no norte de Portugal. O Campus leva moito tempo facéndoo ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último