EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Axenda Cultural
Cando naceu Brinkadelia Troupe, fai tres anos, a súa primeira cita foi o Revenidas. Despois fóronse sumando máis festivais, como o Rockin' Vila ou o OurenRock, o pasado 9 de xuño. "A pesar de ser un grupo novo e no que os integrantes tiñamos traxectorias aparte, conseguimos estar en festivais importantes, e sen ter nin sequera un disco!", conta Brinkas, a voz dun grupo que hoxe actuará preto da súa casa, no Laroucofest de Baltar.
"Agora vivo en Santiago, pero nacín en Vila de Rei, en Trasmiras, polo cal estou moi contento de tocar aquí". De pé feito e Tanxugueiras completan o cartel do festival, que comezará ás 21.00 horas.
Este grupo de ska está formado por sete músicos que compaxinan Brinkadelia con outros proxectos.
Aínda que é difícil, "con eles é fácil, porque están moi implicados e sempre sacan tempo para tocar xuntos neste proxecto", explica Brinkas. "Leven o'labreho", "San Benitiño" ou "Trópico de grelos" son algúns dos seus máis coñecidos. A última "é un dos nosos hits, froito da colaboración co grupo Trópico de Grelos, pero agora cambiámola un pouco. Reducímola porque, aínda que molaba, parecía unha obertura de 7 ou 8 minutos".
Estes e máis temas soan especialmente en festivais de "música ska, reggae e rock. En xeral, estamos nos carteles cun rollo musical máis alternativo, aínda que estou aberto a todos os estilos. Estes días esta a haber concertos en Compostela e non me perdo ningún, sexa de techno ou música africana", di o vocalista de Brinkadelia.
“Ritmo triturador"
O principal lema do grupo é "Amor para todos", porque "queremos que a xente se vaia coa sensación de que hai que vivir as cousas con amor, tanto cara os demais como por o que fai cada un". Brinkadelia sube ao escenario en cada concerto cun "ritmo triturador, para que o público quede canso de tanto bailar e disfrute do concerto".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo permite acceder al 75% de las viviendas en venta de Ourense
ACOSO LABORAL
El PP reitera que sigue en la oposición en Barbadás