ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
PRODUCTOS DEL MAR
San Cibrao das Viñas recibiu onte, 28 de agosto, os foodtrucks da iniciativa "Galicia sabe a Mar". Trátase dunha campaña proposta pola Xunta de Galicia que ten por obxectivo degustar produtos certificados do mar e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e o marisqueo.
Nas pisicinas de Ponte Noalla, os asistentes puideron degustar algún dos ata dez pinchos pensados para a campaña e realizados a base de productos certificados do mar e da terra.
Ata o lugar achegáronse persoas de todas as idades, en horario de maña e de tarde, para poder desfrutar da comida con selo de calidade galego. A localización permitiu combinar a actividade cunha xornada na piscina, pese a que a calor rexistrada nas últimas semanas semella estarse a despedir.
Dende que empezou o proxecto en 2021, este xa é o cuarto ano que as foodtrucks percorren municipios vencellados ao camiño de Santiago en aras de por en valor productos como o peixe, o marisco, as conservas e tamén as algas. En edicións anteriores, servíronse máis de 200.000 petiscos de xeito gratuito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
72 PELÍCULAS E 23 NACIONALIDADES
O OUFF baixa o pano tras dez días de cine na cidade de Ourense
Ricardo Tena
Al final sí que había fútbol