EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Compañeiros e amigos de Alexandre Sánchez Vidal ( fixeron diminuto o Salón Nobre do Liceo, onde se reuniron onte para rendir ao político nacionalista, falecido en maio, unha homenaxe que comezou cun canto á vida coa canción "Yo me muero por vivir".
Os presentes recordaron "o noso Álex", referente do BNG durante moitos anos na cidade e tenente de alcalde co bipartito (2007-09) da que non só recordaron a súa afouteza, compromiso e fortaleza como político, senon tamén a súa bondade, inocencia e alegría como compañeiro de fatigas. "Estou moi contento de ver a tanta xente aquí, estaría ben que todo fose unha broma e que Álex aparecese por aquí", dixo o seu amigo Carlos Rafael. O humor formaba parte do seu xeito de ver a vida, dende novo: "Era socarrón, de intentar facer unha broma co que fora".
Efrén Sánchez, irmán do falecido, agradeceu a participación e asegurou que "estamos huérfanos de él". "Recordar a Álex es pensar en aquellas tardes de estudio, cuando él llegaba del teatro o del cine, sin estudiar, y al día siguiente le daba él la clase a los profesores", asegurou Sánchez, quen remarcou o carácter "sereno" do seu irmán. "Esa serenidad que vamos a echar tanto de menos".
Vida Política
Entre os asistentes atopábanse membros do goberno local do que Sánchez Vidal formou parte, coma Andrés García Mata –un dos impulsores do acto–, que recordaron o seu amor pola cidade e o seu coñecemento dos problemas e as carencias. "Recordo aquela chamada de maio do 2007 na que me dixo que estaba 'acojonao' porque nos tocaba gobernar", contou Paco Rodríguez, capitán daquel goberno municipal.
Os compañeiros recordaron o gran dano das acusacións que levaron a Sánchez Vidal á dimisión como teniente de alcalde e despois ao xulgado. "Foi unha perda grandísima para a cidade", asegurou con firmezaAna Garza, exconcelleira. "Traballábamos tanto que ata nos olvidábamos de inaugurar", confesour Rodríguez. Xosé Manuel Beiras recordou que Sánchez sempre apostou pola traslación do social á política: "Era antidogmático e sufriu moitos desenganos".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último