RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
INFORMES DESFAVORABLES
O BNG pide a retirada da exposición pública do anteproxecto de peonalización da Praza Concepción Arenal, publicado o pasado 9 de xullo, ata ter os informes preceptivos favorables.
Os nacionalistas sinalan que no mesmo expediente consta que existen informes desfavorables do servizo de augas e do servizo eléctrico, que poñen en evidencia deficiencias que non foron arranxadas neste novo anteproxecto presentado. Dende a formación nacionalista, entenden como esencial que o expediente estea correctamente conformado cos perceptivos informes favorables antes da súa exposición pública, tamén resaltan a ausencia de informes da Confederación Hidrográfica, da Policía Local e dos bombeiros, informes que o Bloque Nacionalista Galego considera necesarios por como se deseña o proxecto. Sinalan ademais que no propio expediente consta que un informe desfavorable da Hidrográfica pode acabar con este proxecto.
Luís Seara relata tamén que “é un despropósito que na futura concesión da auga haxa apenas investimento para obra nova de saneamento e abastecemento tendo en conta todas as necesidades que hoxe existen neses dous ámbitos, e que pola contra un terzo da concesión sexa para unha obra civil da construción dun aparcadoiro soterrado que non ten absolutamente nada que ver”. O portavoz nacionalista insiste en que “isto denota o escaso interese que o Concello ten en cuestións de infraestrutura básica, a pesar de ser unha obriga”. Así, dende o BNG agardan que as súas alegacións sexan estimadas, dadas as incongruencias e a importancia do proxecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira