DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
40 EDICIÓN
Coa bandeira dos seus respectivos países e vestidos coas traxes tradicionais. Así foi como onte os grupos participantes nas Xornadas de Folclore deron por iniciada a 40ª edición do festival —agás Filipinas, que por mor e horarios de chegada non puido estar—. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a típica e colorida cerimonia de inauguración que supón o pistoletazo de saída dos dez días que as agrupacións folclóricas estarán “enchendo de vida o rural”.
Preto de 200 artistas, pertencentes a seis formacións procedentes de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia, percorrerán distintos puntos da provincia para achegar os seus costumes a través da danza e a música.
Ata o próximo 21 de agosto as agrupacións Huayra Muyoj (Arxentina), Ballet F. Municipal de Rancagua (Chile), Phicas of BC (Filipinas), Royal Tara Dance Academy (Irlanda do Norte), Folk Dance Ensemble Volynianka (Ucraína) e ‘Tsumu’ (Xeorxia) despregarán en 16 vilas ourensás un abano das músicas e bailes tradicionais dos seus países, en horarios de 20:30, 22:30 e 23:00 horas. Os concellos de Allariz, A Rúa, Bande, O Barco, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, Ribadavia, Trives, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia, xunto coa capital, serán os anfitrións deste percorrido cultural.
Esta cita co folclore de diversas partes do mundo está organizada pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos que acollen este evento.
A primeira cita das Xornadas na provincia será hoxe, ás 20:30 horas en Bande cos grupos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rexurbe: una factura de 41 millones para el Casco Vello
HACÍAN DE INTERMEDIARIOS
Seis meses de cárcel por recibir en la cuenta dinero fraudulento en Ourense