Verónica Civeira: "Hai que intentar fidelizar ás novas enfermeiras para que queden con nós"
ENTREVISTA
Verónica Civeira, vén de asumir o cargo de subdirectora de Enfermería de Atención Primaria na área sanitaria de Ourense
Nada en O Irixo hai 44 anos, Verónica Civeira asume a subdirección de Enfermería de Atención Primaria na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras despois dunha traxectoria de vinte anos coma enfermeira, nos que foi premiada pola súa labor a prol da divulgación de hábitos saudables e de intervencións comunitarias como “Pupas, sustos e outros desgustos”.
Como recibe esta noticia?
Con moita ilusión. Levo catro anos na área de crónicos con Pepa (Josefa Rodríguez, actual directora de enfermería) e cos coordinadores. Cando mo propuxeron, non dubidei. Chego con moitas ganas de traballar, e con moito respeto ó traballo dos compañeiros.
Chega nun momento complicado para a área sanitaria. Cales serían as prioridades?
É certo que o verán é complicado polo tema das coberturas. En enfermería non ocorre tan a miúdo como cos médicos, pero tamén temos problemas. Este verán non pinta tan mal, parece que imos poder cubrir á maioría das compañeiras que se van de vacacións. A prioridade serán os centros de saúde para garantir a atención ós pacientes, tanto ós que van ó centro coma ós inmobilizados e seguir cos programas de prevención en marcha, que levamos algúns anos con eles. É o noso obxectivo.
Cal é a situación actual da enfermería na atención primaria?
A Enfermería de Ourense sempre foi un referente, tanto a nivel galego coma a nivel nacional. En Atención Primaria funciona moi ben, e está enfocada á prevención, á promoción e a traballar coa comunidade. Para mellorar, hai que intentar fidelizar ás enfermeiras que están acabando (a súa formación) para que se queden con nós, para que aposten pola Atención Primaria. Son o noso futuro e quenes van coller o relevo, e polo tanto é moi importante fidelizalos. E tamén fomentar o bo ambiente, o traballo en equipo e a toma de decisións, para facer ben o noso traballo.
E como logramos esa fidelización das profesionais?
A Atención Primaria ten un pouco de mala fama, pero cando as residentes rotan polo servizo, e ven a autonomía que temos, o contacto cos pacientes… danse conta de que é un traballo moi bonito, e moitos dos que acaban Enfermería anímanse a facer a especialidade de Familiar e Comunitaria. É cuestión de que a coñezan e a vivan, deseguido se enganchan.
Despois dos estudos nos que participou sobre humanizar a Atención Primaria, como o faría?
Os estudos estaban relacionados coa educación na saúde e na importancia da humanización. Son proxectos que funcionan e fan que os pacientes nos vexan como cómplices e que de nós aprenden a coidarse e coidar ás súas familias. Cara aí temos que ir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
"RESPUESTA CONTUNDENTE"
Irán ataca posiciones de EEUU en respuesta a su ofensiva en el estrecho de Ormuz
La Región
CLAVE GALICIA
Quedar
EN EL MOMENTO DEL RESCATE
Vídeo | Parto entre escombros en Venezuela: mujer da a luz entre la destrucción de los terremotos