ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SEGURIDADE VIARIA
Co obxectivo de mellorar a iluminación e a seguridade viaria na contorna de Monterrei e o Parque Tecnolóxico, así como as conexións entre Castadón (Pereiro de Aguiar) e Ceboliño (Ourense), púxose en marcha un importante proxecto de investimento nas estradas OU-536 e OU-537.
O convenio de colaboración realizado entre a Xunta de Galicia e o Concello do Pereiro de Aguiar supera os 230.000 euros e beneficiará a veciños de Monterrei e a usuarios que frecuentan estas estradas.
Concibido para desenvolverse en dúas anualidades, Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense e alcalde de Pereiro, agradeceu a colaboración da Xunta e puntualizou que este convenio supón unha cuestión de importancia co obxectivo de garantir a seguridade dos veciños e usuarios.
Composto de dúas fases de execución, a primeira desenvolverase no presente ano para mellorar os servizos á cidadanía e a segunda no transcurso do 2026, que finalizará coa instalación da iluminación total da senda peonil da estrada de Monterrei C-537.
O reforzo á seguridade viaria devén nun aspecto clave, tendo en conta o constante tráfico nesta zona con arterias moi concorridas que conectan áreas clave como Castadón, o complexo de Monterrei e o Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, un punto estratéxico do sector económico ourensán por ser unha zona de alta actividade industrial e comercial.
Segundo o Índice de Intensidade Media Diaria (IMD) de Galicia, a OU-536, con 71 quilómetros de longo, rexistra un tráfico diario estimado en 14.000 vehículos. Mentres que a OU-537, con 3,96 quilómetros de distancia, cumpre unha función especializada como eixe de mobilidade laboral, cuxo IMD é de aproximadamente 7.000 vehículos. Esta función específica implica fortes horas punta e tráfico constante de transporte pesado asociado á actividade industrial, polo cal este convenio de colaboración repercutirá de maneira significativa na seguridade viaria no perímetro onde se executará o proxecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
HALLOWEEN EN OURENSE
Ourense sucumbe al terror en una noche de meigas por Samaín
ANIVERSARIO DEL TEMPLO
La Veracruz abre su Puerta Santa y celebra el comienzo de su año jubilar