A Xunta de Galicia tamén axuda ós autónomos de Ourense que cesaron
Os auónomos de Ourense poderán beneficiarse do Bono Nova Oportunidade para volver emprender
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acudiu onte ó inicio da VI Semana de Emprendemento que organiza a Escola Profesional Santo Cristo. Alí informou sobre dous novos programas de axudas ao emprego autónomopor un importe total de 9,5 millóns de euros, e que xa están publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ambas liñas están destinadas a consolidar negocios e dar novas oportunidades aos que cesaron a súa actividade, transmitiron fontes da Consellería.
Rivo destacou que a Xunta apoiará cun límite de 7.000 euros aos traballadores autónomos que teñan unha antigüidade superior aos 42 meses “para que poidan ofrecer novos servizos e realizar investimentos que impulsen a súa capacidade competitiva”. A subvención (Bono Autónomo) consistirá un pagamento único para cofinanciar o 60% do custo dos servizos de apoio e os investimentos que se abona cando se presentan as facturas. Nisto entran conceptos como a compra de maquinaria, utilaxe e ferramentas, reformas do local, adquisición de equipos informáticos, rótulos ou deseño de marca. Poden financiarse as inversións efectuadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro.
Ó mesmo tempo, o Bono Nova Oportunidade vai dirixido ós autónomos que desexen volver emprender tras cesar a súa actividade. Os apoios serán duns 7.500 euros -8.000 no caso das mulleres-, tal e como salientou Rivo, co obxectivo de beneficiar unhas 200 persoas e estimular a posta en marcha de novas empresas. O prazo de solicitude está aberto ata o 31 de outubro e os requisitos son estar en desemprego e ter sido autónomos nos últimos tres anos.
Beneficios de emprender
No acto de apertura da VI Semana do Emprendemento, a conselleira Rivo subliñou a “importancia” de difundir os programas para fortalecer o emprego autónomo e de “visibilizar os beneficios do emprendemento como fórmula de éxito en Galicia”.
“É clave achegar os futuros traballadores á realidade sociolaboral”, manifestou a titular de Promoción do Emprego e Igualdade, que tamén declarou que “as futuras xeracións sairán mellor preparadas para afrontar o seu futuro profesional”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VARIEDAD MUY TEMPRANA
El Ribeiro inicia la vendimia más madrugadora
RIESGO DE INCENDIOS
Activada la alerta amarilla por calor en Ourense para este martes
APARCAMIENTO DE LAS TERMAS
Vídeo | Susto en Outariz al arder una autocaravana: "No contestaba nadie"
Lo último
VACUNAS EN EEUU
La OMS critica los cambios en el sistema vacunal de EEUU
Victoria Lafora
El calor enloquece
SE UNIFICAN LAS CAUSAS
La Audiencia Nacional asume la causa íntegra del caso Leire