Cine e literatura enchen a semana da Fundación Vicente Risco
ALLARIZ
A Fundación Vicente Risco acolle unha intensa semana cultural con actividades culturales.
A Fundación Vicente Risco acolle unha intensa semana cultural con actividades culturales. Mañá, ás 20,30 horas, participará na libraría compostelá de Couceiro na presentación da versión en Banda Deseñada de "Dédalus en Compostela", adaptación libre do relato de Vicente Risco por Fernando Iglesias "Kohell".
O xoves ás 20,30 as instalacións da rúa San Lourenzo de Allariz acollerán a proxección do filme "9 ondas", contando coa presenza do seu director Simone Saibene. No debate posterior a película o cineasta adiantará algunhas novidades sobre o seu próximo proxecto cinematográfico, Pelerinaxes. Unha película de ficción documental inspirada no libro de Otero Pedrayo sobre o camiño que no 1927 fixeron Vicente Risco, Ben-Cho-Shey e el mesmo a San Andrés de Teixido.
Asemande, dende a fundación alaricana recordan que está aberta a convocatoria de selección de intérpretes noveis para o primeiro ciclo "Notas Musicais 2016" para calquera tipo de formación, até un máximo de catro músicos maiores de 16 anos que deberán residir na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 13 de diciembre, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 13 de diciembre
SIN SANCIÓN PARA LA TRABAJADORA
El juez anula la sanción que impuso el Colexio da Avogacía de Ourense a una empleada