ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
FOLGA ESTUDIANTIL
Os estudantes galegos de ensino medio e universitario están chamados a este xoves un nova xornada de folga e manifestacións contra "os ataques ao ensino público" e a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, convocada nesta ocasión polas organizacións de alumnos Agir, Os Comités e A Liga Estudantil.
Unha nova convocatoria de protestas que percorrerán preto de 20 localidades galegas, e que estará apoiada por Galiza Nova, o BNG ou as entidades que integran a Plataforma Galega en Defensa do Ensino público, entre outras.
Co lema "En pé por un ensino público galego", as marchas sairán sobre as 12.00 horas das localidades de Santiago (Alameda) A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Carballo, Cee, Moaña, Noia, Ponteareas, Pontedeume (ás 10.00 horas), Ribadeo, Ribeira, Sarria, Verín, Vilagarcía e Vilalba.
As entidades convocantes presentaron estas protestas en diversas localidades galegas nas últimas semanas, co fin de realizar un "chamamento ao estudiantado galego e ao conxunto da sociedade para que se mobilice, para que loite". "Porque non lles podemos deixar que nos sigan ofendendo deste xeito", puntualizaron, durante un acto celebrado en Compostela hai unhas semanas.
Ademais da chamada "Lei Wert", que consideran "un paso atrás" e unha norma "elitista", criticaron os recortes en Erasmus, con estanzas máis reducidas, ou a redución de profesorado galego dos últimos anos, entre outros puntos.
Agir, Os Comités e Liga Estudantil Galega tamén avanzaran na presentación da folga do 20 de febreiro que se trata do inicio dun calendario "continuado" de protestas contra os ataques ao ensino público, que realizarán de forma "unitaria" e dende Galicia.
"UNHA ARMA POLÍTICA"
Sobre a nova convocatoria dos estudantes, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universtaria, Jesús Vázquez, reiterou o seu "total respecto" polas protestas, aínda que tamén apelou aos diversos partidos e organizacións para deixar de utilizar a educación como "unha arma politica".
Ademais, Vázquez trasladou o seu "respaldo" ao cambio normativo que supón a Lomce, que a vai como "unha reforma necesaria" no sistema educativo estatal "e polo tanto galego".
"Gustaríame que se traballase conxuntamente neste sentido e posiblemente, sería preciso que saíse con máis acordo de todos os partidos", recoñeceu, aínda que tamén recordou que se aprobou nun Goberno democrático e con maioría. Finalmente, reiterou a súa aposta por sacar "o debate sobre educación fóra da política".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
EMBLEMA "DE PAÍS"
“Galicia Calidade”, marca de una comunidad “que avanza”
ABUSOS SEXUALES E IGUALDAD
Dimite la secretaria de Igualdade del PSdeG, Silvia Fraga, crítica con la gestión del caso Tomé
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas
143 DÍAS EN EL MEDITERRÁNEO
España mantiene los días de pesca en 2026 tras acuerdo con la Unión Europea