Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
UNIVERSITAS
No pavillón universitario de Pontevedra contan cun magnífico espazo para a práctica deportiva e dende o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, e concretamente da man de Gustavo Loureiro, promoven a iniciativa denominada "Ponte en Movemento", dirixida a calquera persoa con ganas de pórse en forma, divertirse e coñecer unha nova forma de fitness. Zumba, Street Dance, Pilates ou Shape son só algunhas das propostas incluídas dentro deste programa, que se suma ao xa existente neste campus denominado "Escolas Deportivas" que conta con catro actividades, das que tres as acolle o pavillón universitario (Aerobic, Pilates e Zumba) e a outra a ría de Pontevedra (Piraguismo).
Cal é o principal obxectivo da proposta deportiva "Ponte en Movemento"?
Os obxectivos do programa son fundamentalmente dous: por unha banda achegar ás instalación á cidadanía de Pontevedra e por outra, dotar este espazo de actividade, que haxa xente no pavillón.
Fálenos un pouco da actividade, en que consiste?
Trátase dunha actividade libre e gratuíta, dirixida a todas as persoas que queiran pasalo ben facendo deporte, independentemente de que pertenza ou non á comunidade universitaria. Todas as actividades deste programa teñen o seu atractivo e quero convidar a todo o mundo a que acuda a todas e cada unha delas.
Cal é a proposta que recomenda?
Como dicía, o ideal e que a xente se anime a participar en todas xa que moitas son aínda descoñecidas e poden sorprender. Ben é certo que a actividade de Zumba, polo seu dinamismo e tradición dentro das actividades deportivas deste Campus, é un pouco a "estrela" de todas as propostas do programa "Ponte en movemento".
Que teñen que facer todos os que queiran probar algunha delas?
É moi sinxelo, soamente vir xa que non hai inscrición previa, todo o mundo que queira vir pode facelo. As actividades comezan todas ás 18.30 horas e son todas totalmente gratuítas.
A primeira master class será de Zumba, cóntenos un pouco que se van a atopar os participantes?
A primeira actividade será Zumba o 14 de outubro e será un clase impartida pola directora do programa "Ponte en Movemento", Virginia Rodríguez, que impartirá unha sinxela actividade, sen dificultade ningunha xa que é de modo iniciación, o que aínda a converte en máis atractiva para todos os públicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"