ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
PRESERVAR A IDENTIDADE
O escritor e dinamizador cultural Nica Palomares vén de completar o rexistro de tódalas inscricións funerarias en lingua galega que existen en Cualedro. Deste xeito, a súa vila natal converteuse na primeira de toda a provincia en contar cun censo completo das lápidas en galego nos seus cemiterios. Este traballo de campo sistemático cumpre ademais con tódolos parámetros esixidos pola iniciativa de educación social “Palabra e Memoria”, que estuda mediante a colaboración cidadá o patrimonio documental dos cemiterios galegos, e que xa recolleu datos de máis de 100.000 familias repartidas nos 313 concellos do territorio.
O informe elaborado por Palomares é o resultado de visitar as dez parroquias cualedresas, máis os cemiterios de Santa María das Mercedes, da Pedrosa, da Saceda e de San Martiño. En todos eses camposantos contabilizou un total de 1.185 propiedades funerarias, entre nichos, lápidas e anexos. O seu rexistro amosa que 54 familias, o 5% sobre o total, optaron pola lingua galega nas súas inscricións.
A lápida en galego máis antiga atopouna na aldea da Pedrosa (A Xironda), e data de 1983. En total, tres das 55 familias (5,45%) representadas nese camposanto escolleron o galego. No conxunto da parroquia da Xironda a porcentaxe sobe ao 6% (nove de 150) e os máximos do concello están no 8,5% de Atás (sete de 82), seguidos polo 6,66% de Baldriz (tres de 45) e San Millao (seis de 91) e polo 6,25 de Lucenza (sete de 112). Nunha posición intermedia sitúanse o 4,8% da parroquia central de Cualedro (7 de 146); o 4,7% do lugar da Pena Verde, en Rebordondo; o 3,9% en Vilela; o 3,6% en Carzoá e o 2,5 % de Santa Baia de Montes. A única parroquia que non ten ningunha inscrición en galego é Rebordondo.
A investigación de Nica Palomares amosa que Cualedro reflicte de maneira semellante o que ocorre no resto de Galicia. Palabras coma “fillos” ou “netos” nas inscricións de recordo aos familiares falecidos son cada vez máis visibles nas placas que os recordan. De feito, a presenza do galego aumenta substancialmente na última década, en concordancia co que se aprecia no mapa elaborado polo xornalista David Canto Veiga e dado a coñecer en outubro de 2024 polo Consello da Cultura Galega.
Palomares afirma que Cualedro era “un dos poucos concellos que aínda non constatara ter lápidas en galego”, e salientou unha iniciativa que “pon en valor ás familias que usaron o galego”. Ademais, cre que serve como “toque de atención para as novas lápidas que se poñan”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
ACCIDENTE LABORAL
Dos heridos graves tras ser atropellados por una máquina en Cualedro
XORNADA TRANSFRONTEIRIZA
O futuro dos pastos e do rural, a análise entre Cualedro e Montalegre
CONCELLEIROS DO FUTURO
Os pequenos de Cualedro toman a palabra no seu primeiro pleno
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio