ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
ANÁLISE DOS INCENDIOS
O lume en Galicia deixou de ser unha anomalía estival para converterse nun ciclo estrutural que esixe novas olladas sobre o territorio. Con ese fin, a aula arqueolóxica Antonio Rodríguez Colmenero de Cualedro acolle este domingo 14 unha xornada de reflexión, debate d diálogo sobre os incendios forestais, a ecoloxía do lume e o futuro do territorio.
O evento está impulsado polo Colectivo Costa Oeste co obxectivo de repensar colectivamente a nosa relación co monte. Contará con relatores coma Fran García (Territorio Raso), Iván Pérez (SaviaNova), o fotoxornalista Brais Lorenzo e Ramsés Pérez (Adega). Abordaranse cuestións esenciais como a paisaxe en mosaico e a ecoloxía forestal.
Xa pola tarde, haberá unha visitas de campo ao Bosque Celta, una iniciativa da comunidade de montes de Cualedro, e máis ás Chairas e á Veiga de Lucenza, onde a asociación veciñal exporá o seu modelo de xestión comunitaria sostible.
A cita conta co financiamento da sección de Cultura do Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia. Para acudir cómpre inscribirse no enderezo costaoeste@gmail.com.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
ACCIDENTE LABORAL
Dos heridos graves tras ser atropellados por una máquina en Cualedro
XORNADA TRANSFRONTEIRIZA
O futuro dos pastos e do rural, a análise entre Cualedro e Montalegre
CONCELLEIROS DO FUTURO
Os pequenos de Cualedro toman a palabra no seu primeiro pleno
Lo último