ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
AVOGADO DAS EMBARAZADAS
O inicio das festas na honra do San Ramón de Lucenza terá lugar este sábado 30, ás 12,00 horas, coa misa solemne e a procesión da figura do santo, acompañados polos gaiteiros de Baltar.
Xa pola tarde, dende as 17,00 horas, detrás do local social situarase un touro mecánico e outras actividades pensadas para os máis pequenos, organizadas por Máis que Brincos.
A sesión de tarde-noite iniciará ás 20,30 horas, cunha verbena na praza da Penela que contará coa orquestra Costa Dorada, no marcoa da súa xira “Inolvidable Tour 2025”.
O segundo e último día arrancará de novo con misa e procesión, desta vez acompañada pola charanga Nova de Trives, ás 13,00 horas.
Pola tarde, a partir das 17,00 horas, terá lugar un campionato de chave detrás do local social. Ás 19,00 haberá un xogo de pistas na Penela, “Coñeces Lucenza?”, e ao remate, festa coa charanga Nova.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
ACCIDENTE LABORAL
Dos heridos graves tras ser atropellados por una máquina en Cualedro
XORNADA TRANSFRONTEIRIZA
O futuro dos pastos e do rural, a análise entre Cualedro e Montalegre
CONCELLEIROS DO FUTURO
Os pequenos de Cualedro toman a palabra no seu primeiro pleno
Lo último