Luciano Rivero revalidou a presidencia do PP de Cualedro
CONGRESO LOCAL
Rivero pediu que o partido siga estando “aberto e próximo á cidadanía, para saber transformar as inquedanzas da veciñanza en propostas reais”
Luciano Rivero Cuquejo (Cualedro, 1975) revalidou a presidencia do Partido Popular de Cualedro no congreso celebrado por esta agrupación local e que contou na clausura co presidente provincial, Luis Menor; a vicepresidenta dos populares ourensáns, Marta Novoa, e a secretaria xeral, Sandra Quintas, ademais de membros do PP da provincia.
Un conclave no que Luis Menor cualificou ao tamén alcalde de Cualedro como “referente” das maiorías absolutas do PP na provincia, poñendo en valor a estabilidade municipal e política que conseguiu para o seu concello, polo que lle pediu replicar estes resultados para que en 2027 a provincia “supere as 55 alcaldías actuais gobernadas polo PP e recuperar así a maioría absoluta na Deputación”.
Con este congreso, dixo Luis Menor, “poñemos o partido ao día, en clave de mobilización, pensando a dous anos vista porque non nos conformamos”, advertiu en referencia á necesaria maioría na Corporación provincial para poder desenvolver os proxectos do Partido Popular”.
Xa como presidente local do PP de Cualedro, Rivero pediu que o partido siga estando “aberto e próximo á cidadanía, para saber transformar as inquedanzas da veciñanza en propostas reais”. Lanzou tamén unha mensaxe de unidade aos compañeiros populares da comarca para seguir “reforzando os resultados electorais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁSCARA TRADICIONAL
As mázcaras da Xironda, listas para lucir o seu sorriso
VISITA A PAZOLANDIA
Papá Noel adelantará sus regalos con una visita al colegio de Cualedro
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Luto en la Raia: dos muertos en una colisión
Lo último