PRESERVAR A IDENTIDADE
Cualedro, pioneiro na provincia en elaborar un censo das súas lápidas en galego
ENTREVISTA
Ricardo de Barreiro (Lousame, A Coruña, 1974) é un artista multidisciplinar co corazón dividido entre o barrio compostelán de San Pedro e a súa Noia natal (defínese coma “noiaiorquino”), onde volveu tras 22 anos.
Primeiro foi pintor, pero en Santiago fíxose actor sobre os escenarios, e atesoura unha longa carreira en producións televisivas (“Fariña”, “Rapa“ ou “El caso Asunta”) e no cinema con directores como Gracia Querejeta, José Luis Cuerda ou Daniel Monzón.
O verán pasado descubriu Cualedro na rodaxe do filme “Tralovento”, onde regresa este venres 18 de abril coa súa performance poética “A+A”, ás 20,00 horas na Casa da Cultura cualedresa.
Pregunta. Pintor, actor, poeta… Como se define? Cal foi o seu percorrido vital como artista?
Respuesta. Sempre tiven inquietudes artísticas, de feito hai un ano retornei a Noia, ao estudo onde me iniciei como pintor profesional no 1997. Pero non me convertín en actor ata o 2005, tras escribir o monólogo teatral “Merda”. Penso que as casualidades non existen, e o meu camiño pasaba por San Pedro. Alí descubrín a xente que amaba e traballaba dunha forma distinta, vencellada coa cultura, a arte, a interpretación, a música… Viña dun sitio pequeno e foi importante ver que había moitos máis “bichos raros” coma min. San Pedro construiume sen dúbida como ser profesional.
P. Síntese cómodo con esa etiqueta de actor de reparto ou secundario “de luxo”?
R. Eu considérome artista, que é a miña vocación e un oficio como outro calquera, e fuxo das etiquetas. Sempre digo que poño o corpo, as mans, a expresión corporal… e sae o que ten que saír. Respecto a ser actor secundario, son afortunado de pór o tomatiño cherry en ensaladas moi bonitas. Teño feito de protagonista, pero eu non me dedico a isto polo protagonismo. Co paso dos anos funme facendo como un secundario con certo peso, entrei nunha dinámica con papeis máis grandes nos que desfrutas máis, que é do que se trata. Ao final é como todo na vida, onde se sustenta todo é nos secundarios.
P. Como describiría o seu método para encarnar a tódolos personaxes?
R. Traballo como actor da mesma forma que teño de estar na vida, que é dende a empatía. Xamais xulgo a un personaxe, senón que me conmovo con eles, ben sexa un franquista como en “Los girasoles ciegos”, o dono dun prostíbulo en “O sabor das margaridas”, un autista en “Los enviados” ou un esquizofrénico en “Rapa”. Tento empatizar e paso moito tempo falando con eles, deixando que entren dentro de min. E ademais intento traballar dende a diversión, dende o xogo, a diferenza de facelo dende as experiencias personais. Eu tamén pasei por iso e é algo moi fodido: estás continuamente abrindo feridas e non deixas que cicatricen, rememoras partes moi dolorosas. Dá igual que se comporten mal ou ben, os personaxes son como as persoas: ninguén é dunha determinada forma, as súas circunstancias, as escasas ferramentas que teñan, fanlles estar no mundo dun xeito ou outro. Afástome do artificio e do cliché, ningún personaxe é “malo malísimo”. Dentro sempre hai un ser que o levou a iso, e o máis marabilloso deste oficio é tratar de comprender que é o que lle pasa.
P. Como foi a súa experiencia na rodaxe de “Tralovento” e que o atrae de novo á Cualedro e á comarca?
R. Foi marabillosa, quedei namorado da forma de ser e de traballar de Eloy Domínguez Serén (o director). Ademais de co equipo, empatei moi ben cos figurantes, entre eles Nica Mares e a súa muller, que me convidaron ao Entroido da Xironda, no que pasei uns días fantásticos.
P. En que consiste “A+A”, a súa performance poética?
R. É un audiolibro con 120 ilustracións e 80 poesías miñas que xurdiu como un agasallo para Iván, o meu exmarido. Entre 2018 e 2020 fixemos 50 presentacións ante unhas 1.000 persoas, con 900 exemplares vendidos, e agora retómoas cinco anos máis tarde en tres sitios especiais para min: Cualedro, Noia e San Pedro. Será unha experiencia real, grupal e única, na que todos estaremos moi próximos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRESERVAR A IDENTIDADE
Cualedro, pioneiro na provincia en elaborar un censo das súas lápidas en galego
LUCHA CONTRA LOS INCENDIOS
Lucenza e Infesta, dos modelos en Monterrei para el medio rural del futuro
OBRAS MUY NECESARIAS
La vía de acceso a Baldriz, en Cualedro, vuelve a ser transitable
RAZONES DE CAUSA MAYOR
Polémica en Cualedro por el concierto de una orquesta suspendido por los incendios de 2025
Lo último
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Todo por Ourense?
"ACCIDENTE LABORAL"
Las asociaciones de la Guardia Civil estallan contra Montero